A innovación, clave para cambiar a vida dos nenos

UNICEF lanzou un Centro de Innovación Global e un Fondo de Innovación para levar a escala enfoques creativos e de redución de custos co fin de mellorar a vida da infancia máis vulnerable.

Ata agora conseguíronse máis de 9 millóns de dólares (uns 8 millóns de euros) para apoiar o traballo do equipo de innovación de UNICEF, q
ue conta con sete anos de experiencia.

 

"Utilizar a tecnoloxía móbil pararexistrar os nacementos, compartir datos en tempo real para mellorar a educación e asaúde, e dar aos mozos unha forma deconectarse cos seus gobernos xa están a cambiar a forma de traballar", declarou o director executivo de UNICEFAnthony Lake. "Pero necesitamos innovar máis urxentemente e o Centro de Innovación Global e o Fondo de Innovación farán que isto sexa posible" engadiu.

UNICEF está a desenvolver actualmente uns
300 proxectos innovadores centrados en cuestións prioritarias para promover asupervivencia e o desenvolvemento infantil, e reducir a inequidade.

As oficinas de UNICEF no terreo que están a desenvolver os programas de innovación piloto, poderán enviar agora unha solicitude para acceder ao Fondo de Innovación, de forma que se xerarán probas e resultados abondo para facilitar a expansión do programa a través dos países ou rexións. Unha parte dos fondos tamén permitirá impulsar a maior escala proxectos xa exitosos como
 U -Report ouEduTrac. 

Os membros fundadores do Fondo de Innovación inclúen The Walt Disney Company eo Goberno de Dinamarca. O financiamento pioneiro de ambas as dúas entidades será reactivar o traballo de varios laboratorios e programas de innovación.

O Centro de Innovación Global de UNICEF, con sede en Nairobi (Kenya), será guiado por un comité directivo que inclúe o Ministerio de Asuntos Exteriores de Corea do Sur, a Fundación Philips e os comités nacionais de UNICEF de Canadá, Reino Unido e Estados Unidos. Estes socios achegarán as súas redes de contactos e o seu know-how para axudar a UNICEF a expandir as súas innovacións a varios países e rexións..

"Grazas ao Centro de Innovación Global e ao Fondo de Innovación,UNICEF está a construír novas formas de participación entre asempresas e as organizacións de desenvolvemento, que traen recursos e coñecementos, para influír en cuestións deinfancia", dixo o director do Centro de Innovación Global, o Doutor Sharad Sapra.

"UNICEF acolle con satisfacción a valiosa contribución d
os membros fundadores do Centro de Innovación Global e o Fondo de Innovación polo seu o seu compromiso para mellorar a vida e o futuro dos nenos", engadiu.