A innovación e a tecnoloxía poden cambiar o mundo
Post de Zinnia Quirós, Coordinadora de proxecto saúde global e infancia de UNICEF España
A combinación do pensamento innovador, a revolución tecnolóxica e a reinvención do activismo social a través das novas ferramentas de Social Media ten un poder incuestionable á hora de abordar os retos globais.
Permítenos compartir ideas e información, organizarnos e xuntar esforzos na busca desolucións equitativas e sostibles aos desafíos aos que nos enfrontamos. Permítenos en definitiva construír o mundo que queremos.
Por iso do 22 ao 24 de setembro celébrase en Nova York a III edición do Cumio para o Ben Social que pretende reunir a emprendedores, expertos en tecnoloxía e innovación, líderes de opinión e activistas de todas as partes do mundo para descubrir como liberar o potencial que a tecnoloxía e as redes sociais teñen para cambiar o mundo. E o que é máis importante: como converter ese potencial en accións concretas, en cambios reais. O cumio poderá seguirse en streaming ou a través detwitter baixo o hashtag #SGSGlobal.Este ano o Cumio para o Ben Social quere facer historia promovendo a primeira 'Conversación Global'. Así, o luns 24 de setembro, aos eventos planificados en Nova York, Beijing e Nairobi, únense centos de encontros similares en distintas partes do mundo.
UNICEF España non quería deixar pasar esta oportunidade e por iso, xunto coa Axencia de ComunicaciónSC, organizamos o encontro en Madrid que se celebra o luns 24 de setembro de 18:00 a 20:00 no Centro de Innovación doBBVA (CIBBVA). A asistencia é gratuíta pero énecesario rexistrarse.Calquera persoa en calquera parte do mundo poderá participar nos debates e achegar as súas ideas para facer do mundo un lugar mellor. Temos ante nós unha oportunidade inigualable de sentir e palpar máis que nunca o poder da xente para cambiar o mundo. Vascho perder?