As inundacións de Paquistán destaparon unha grave crise nutricional
Seis meses despois das inundacións de Paquistán, UNICEF e os seus aliados abordan un enorme reto: facer fronte aos niveis críticos de desnutrición entre os nenos afectados polas inundacións.
Esta información despréndese dos resultados dun estudo divulgado poloDepartamento de Saúde de Sindh, que mostra que no norte desta provincia a desnutrición aguda afecta ao 23,1% dos nenos de entre 6 e 59 meses e ao 21,2% dos nenos no sur.Esta taxa está moi por enriba do 15% establecido pola Organización Mundial da Saúde (OMS) para poñer en marcha unha resposta humanitaria. Ademais, os datos do norte de Sindh indican que a taxa de desnutrición aguda é do 6,1%. Resposta de UNICEF en nutrición "UNICEF mostrou a súa preocupación por estes resultados e está a traballar en colaboración coas autoridades provinciais para atender a eses nenos. As inundacións destaparon a cara oculta da desnutrición infantil en Paquistán, aínda que o vemos como unhaoportunidade para poder responder de xeito sostido beneficiando aos nenos a curto e longo prazo.UNICEF comprometeuse a traballar cos seus aliados para asegurar que as súas necesidades sexan cubertas" asegura Pascal Villeneuve, Representante de UNICEF en Paquistán. "Existe o perigo de que á poboación mundial se esquezan os nenos paquistanís que seguen necesitando moita axuda. Os nenos agora estanse a enfrontar ao reto de refacer as súas vidas e casas coas súas familias, o que significa que moitos terán que traballar en vez de ir á escola. Estes longos meses con pouca comida, fan case imposible que estean saudables e sen enfermidades", afirmaVilleneuve.
Para responder a esta situación, UNICEF e outros aliados en nutrición están a traballar co goberno de Sindh para levar a cabo un importante plan de resposta. Centrarase na xestión da desnutrición aguda e na prevención durante un período de 18 meses.UNICEF lidera o grupo sectorial sobre nutrición e subministra materiais, axuda técnica e formación. Tamén apoia programas sobre nutrición para que as mulleres e os nenos desnutridos se recuperen. A Enquisa sobre Nutrición das Zonas Inundadas (FANS polas súas siglas en inglés) levouse a cabo nas catro provincias afectadas polas inundacións: Sindh,Punjab, Khyber Pakhtunkhwa e Baluchistán. Ten como obxectivo subministrar información actualizada sobre a situación nutricional dos nenos de entre 6 e 59 meses que viven nas comunidades afectadas polas inundacións. Os resultados daraos a coñecer proximamente o goberno de Punjab. Balance seis meses despois
UNICEF continúa atendendo as necesidades urxentes das persoas afectadas, a maioría das cales regresaron ás súas casas, a maior parte delas destruídas. O descenso das temperaturas durante o inverno complica a situación das familias e obstaculiza o retorno ás rexións do norte. A resposta de UNICEF continúa adaptándose ás necesidades cambiantes dos afectados polas inundacións. Dende o inicio das inundacións, UNICEF estivo a subministrar auga potable a 3,5 millóns de persoas ao día, e tamén instalacións sanitarias para máis de 1,9 millóns de persoas.UNICEF traballou cos seus aliados paravacinar máis de 9 millóns de nenos contra o sarampelo e a polio, e subministrar preto de 8,5 millóns de suplementos de vitamina A. Ademais, ao redor de 120.000 mulleres e nenos desnutridosparticiparon nos programas de alimentación.
Na área da educación,180.000 nenos beneficiáronse de Centros Temporais de Aprendizaxe e establecéronse 700 Espazos Amigos da Infancia para 200.000 nenos.UNICEF tamén lidera os grupos sectoriais de nutrición, auga, educación e protección infantil, para asegurar unha boa coordinación de todas as accións que resulten vitais para a supervivencia, facer fronte aos problemas, maximizar os recursos e compartir información estratéxica.