Inundacións en Myanmar: lactación materna para protexer os bebés
O número de nenos e familias afectadas polas inundacións en Myanmar continúa aumentando: 1,1 millóns de persoas dos cales preto de 390.000 son nenos. Máis da metade dos afectados son mulleres, das cales 21.000 están embarazadas e máis de 20.000 son nais lactantes.
Ao ser cada vez máis difícil garantir que as fontes de auga sexan seguras, a diarrea e as enfermidades transmitidas pola auga convértense en ameazas letais para os nenos pequenos.
Por iso, dende UNICEF estamos a enviar mensaxes nas linguas locais a través da radio sobre prácticas básicas de hixiene e nutrición, chegando a máis de 4 millóns de persoas nas zonas afectadas.
Inundacións en Myanmar: máis de 40.000 nais afectadas
"Beber auga contaminada produce diarrea, unha das principais causas de morte entre os nenos menores de cinco anos. Mesturar auga non potable cos alimentos como a fórmula infantil en po, pode ser moi perigoso. A lactación materna exclusiva é a forma máis segura de alimentar os bebés e o leite materno contén todos os nutrientes e anticorpos para protexer a súa saúde", explica Alison Rhodes, xefe de sensibilización, alianzas e comunicación de UNICEF.
Dende UNICEF estamos a traballar xunto ao goberno para satisfacer as necesidades urxentes dos nenos e as súas familias que se encontran en refuxios temporais, e daqueles que intentan volver ao seu fogar. Ademais de avaliacións conxuntas de axuda humanitaria inmediata e das primeiras necesidades de recuperación nas zonas máis afectadas -Sagaing, Magway, Rakhine, Bago e Ayeyarwaddy- dende UNICEF estamos a liderar a avaliación no estado de Chin, un dos máis pobres e de máis difícil acceso de Myanmar.
Tamén estamos a axudar no restablecemento do acceso a auga potable e saneamento mediante a construción de latrinas e distribuímos pastillas de purificación de auga e kits de hixiene. Para protexer o desenvolvemento saudable dos nenos tamén está a proporcionar de xeito urxente micronutrientes, kits de protección e apoio psicosocial.

UNICEF EN MYANMAR
Myanmar é propenso aos desastres naturais como inundacións, ciclóns e terremotos, por iso traballamos no país dende 1950. En colaboración co goberno e a sociedade civil, o enfoque actual do labor de UNICEF ten como obxectivo reducir a mortalidade infantil, mellorar o acceso e a calidade da educación e a protección dos nenos contra a violencia, o abuso e a explotación.