Inundacións en Paquistán: unha viaxe por Sindh

Por, Zeeshan Suhail, Oficial de Comunicación de UNICEF, que visitou recentemente a provincia de Sindh, afectada polas inundacións en Paquistán

Recentemente, viaxei co fotógrafo de UNICEF Asad Zaidi ao distrito afectado polas inundacións en Jacobabad e Shikarpur no norte de Sindh. O noso obxectivo era escoitar e falar coas familias e nenos afectados polas inundacións deste ano en 15 distritos en Punjab, Sindh e as provincias de Balochistán.

 

De acordo coa Autoridade Nacional de Xestión de Desastres, hai case 5,06 millóns de persoas afectadas polas inundacións epreto de 460.000 casas foron danadas oudestruídas, provocando o desprazamento da poboación.

CONsTRUIR NUN TERREO ALTO

No primeiro día visitamos Jacobabad, o distrito máis afectado en Sindh. Dúas semanas despois das chuvias, tan só podíase ver os campos de arroz e algodón aínda inundados. Durante o noso camiño, viamos as tendas aliñadas. Cando lles preguntei por que construían os seus fogares temporais aquí a súa resposta foi simple: o terreo era máis alto.  

Auga potable EN CAMIóNS de UNICEF

Estaba moi orgulloso ao ver que moitas comunidades estaban a recibir auga potable dos camións cisterna de UNICEF. Ao ver os camións, todo o mundo collía as súas potas, botellas e latas para recoller a auga. Ademais, tamén puiden ver un convoi do Programa Mundial de Alimentos levando fariña, mentres os nosos amigos daMedia Lúa Vermella paquistaní potabilizaban a auga para as familias afectadas polas inundacións.

O despr azamento causa riscos para a salúde

Cando chegamos,moitas familias fuxiran dos seus fogares cara a pobos e terreos altos, na maior parte dos casos porque as súas casas quedaran gravemente danadas ou destruídas. Coñecemos moitas familias nunha aldea, Chandran, que trataran de salvar todas as pertenzas que puideron e as gardaron na casa máis próxima dun terratenente local que estaba na cidade cando as inundacións chegaron. Pasarán moitas semanas para que volvan ás súas casas- algúns volverán a buscar refuxio, mentres que outros reconstruirán as súas casas. As augas estancadas convertéronse no fogar dunha infinidade de bacterias causantes de enfermidades e virus. Foi horrible ver nenos pequenos xogando na auga, sen saber os perigos que entraña.  

Escolas e servizos interrompidos

Os nenos viron a súa educación interrompida debido ás inundacións. De feito, moitas escolas, así como centros de saúde foron gravemente danados e moitos continúan inundados. Estremézome ao pensar canta xente debe necesitar asistencia médica nunha emerxencia como esta. Todos os habitantes dos campamentos improvisados teñen as mesmas necesidades: alimentos, auga, saneamento, necesidade de apoio para a reconstrución e servizos de saúde.

NECESITAN o noso apoio

Tamén coñecemos un oficial de saúde en Jacobabad, o Oficial Executivo do Distrito. A súa petición para UNICEF foi clara: necesitaban apoio no restablecemento da cadea de frío para as vacinas, así como a substitución das vacinas que foron destruídas. Durante as emerxencias, os nenos están en risco de abuso, explotación e violencia. A protección dos nenos despois das emerxencias é unha prioridade para UNICEF e para aqueles cos que traballamos.  

Como sobrevivir

Un home enShikarpur faloume sobre asdificultades da súa familia para facer fronte ás consecuencias das inundacións. "As moscas infectadas con enfermidades moléstannos durante o día; os mosquitos da malaria e o dengue pola noite. Que pode facer un? ". Moitos perderon as súas colleitas de arroz que estaban case listas. Agora, os seus temores céntranse na próxima colleita de trigo. Se a terra non se seca a tempo, perderán a oportunidade de obter os dous cultivos comerciais máis importantes para cando cheguen as próximas chuviasmonzónicas.

Capacidade de resistencia e esperanza no medio do sufrimento

Só puidemos pasar dous días nas comunidades máis afectadas polas inundacións no norte de Sindh, pero fomos capaces de ver que os afectados exhiben unha gran capacidade de resistencia e esperanza a pesar do que perderon. Agora depende de nós como comunidade humanitaria asegurarnos que non os imos defraudar.