Inundacións en Paquistán: UNICEF subministra cada día auga potable a 183.000 persoas
UNICEF comezou a subministrar auga potable a 183.000 persoas afectadas polas inundacións provocadas polas fortes chuvias monzónicas caídas nas provincias de Punjab, Baluchistán e Sindh. UNICEF está a apoiar ao Goberno de Paquistán nos traballos de recuperación que se leva a cabo nas zonas máis afectadas.
Os estudos preliminares das imaxes de satélite obtidas por unha organización conxunta do goberno e a comunidade humanitaria, denominadaAvaliación Rápida Inicial Multisectorial, indican que 2,8 millóns de persoas de 15 distritos se viron afectadas polas últimas inundacións, incluídos 1,4 millóns de nenos (dos cales 392.000 son nenos menores de cinco anos). O desprazamento de persoas debido á destrución ou danos de vivendas representa un problema grave para a saúde dos nenos vulnerables, xa que ao non ter acceso a auga potable aumenta a probabilidade de contraer e propagar enfermidades transmitidas pola auga como a diarrea, a malaria, o sarampelo, a poliomielite e a pneumonía. Por esa razón, ademais de subministrar auga potable e saneamento, UNICEF e os seus aliados están a axudar o Goberno a levar a cabo intervencións que salvan vidas en áreas como a saúde e a nutrición.Os resultados iniciais da avaliación rápida levada a cabo indican que tres cuartas partes dos nenos de cinco distritos afectados, non poden ir a clase xa que as escolas sufriron danos, están destruídas ou están a ser utilizadas para albergar as familias desprazadas.UNICEF e os seus aliados están á espera de de recibir os fondos necesarios para poñer en marcha espazos temporais de estudo e de protección onde os nenos poidan continuar a súa aprendizaxe nun ambiente seguro."Algúns dos nenos afectados viven en áreas que están a sufrir unhas inundacións desvastadoras por segunda ou terceira vez nos últimos tres anos, e estas novas inundacións interromperon a súa recuperación", dixo Allen. "O Goberno e os seus socios humanitarios, incluído UNICEF, están a proporcionar axuda de emerxencia, pero é esencial que continúen e intensifiquen os traballos para satisfacer as enormes necesidades dos nenos e as súas familias que se se encontran en estado de vulnerabilidade tras estas novas inundacións. Facemos un chamamento á colaboración da comunidade internacional para que nos axude a cubrir estas necesidades. "
Resposta de UNICEF e necesidade de fondos
"Os nenos das familias con menos recursos encóntranse entre os máis afectados polas graves inundacións e necesitan a nosa axuda inmediata", dixo a Representante Adxunta de UNICEF en Paquistán, Karen Allen. "UNICEF necesita urxentemente 15,4 millóns de dólares (11,96 millóns de euros) para traballar en áreas como o acceso a auga, saneamento e hixiene con capacidade para apoiar 400.000 persoas entre os próximos tres e seis meses, así como para proporcionar educación, protección, saúde e nutrición aos nenos. " Cos fondos obtidos dunha liña de crédito de emerxencia,UNICEF e os seus aliados comezaron a proporcionar auga potable con camións cisterna a 120.000 persoas nos distritos de Jaffarabad eNaseerabad, en Baluchistán; a 4.000 persoas en Dera Ghazi Khan, en Punjab, e a 59.000 persoas en Jacobabad e Kashmore, en Sindh.UNICEF e os seus aliados tamén instalaron tanques de auga en Jacobabad, ademais chegarán pronto máis bidóns ás áreas afectadas polas inundacións en Sindh. Por outra parte, 23.200 familias afectadas polas inundacións nos distritos de Baluchistán, Sindh ePunjab recibirán esta semana kits de hixiene que inclúen xabóns, toallas sanitarias e pastillas potabilizadoras de auga, así como bidóns e baldes de auga para que poidan almacenar auga potable e previr brotes de enfermidades.