Iraq: 2 millóns de nenos sen educación por mor da violencia

Despois de semanas de regreso graduado ás clases, a volta ao cole en Iraq xa finalizou. Con todo, preto de 2 millóns de nenos non puideron volver ao colexio e 1,2 millóns corren o risco de abandonar as aulas

 

A violencia constante que vive este país está a ter efectos moi negativos no acceso á educación. Case 1 millón de nenos segue desprazado, o que dificulta enormemente a súa aprendizaxe. Un70% destes nenos xa perderon un ano enteiro de clase.
 
"O impacto sobre a educación que están a ter en Iraq o conflito, aviolencia e os desprazamentos, é devastador", dixo Peter Hawkins, representante de UNICEF en Iraq. "Un gran número de nenos -os das comunidades de acollida, os desprazados dos seus fogares e os refuxiados de Sirya- continuarán experimentando interrupcións significativas na súa educación, pondo a Iraq en risco de perder a toda unha xeración polo conflito".

IRAQ: MÁiS DE 3.500 ESCoLAS NOn PoDEN UTILIZARSE PARA DAR CLASE

A destrución das escolas a causa do conflito é un dos principais motivos que explican esta situación. Máis de 3.500 escolasno país (case 1 de cada 5) non poden utilizarse por estardestruídas, danadas ou empregadas comorefuxio civil ou militar.
 
Isto ten consencuencias directas na sobresaturación das escolas. Ás aulas que quedan en pé asisten até 60 alumnos que teñen que turnarse para recibir as clases, o que reduce significativamente a cantidade de tempo que os nenos teñen para aprender.
 
Os profesores tamén contanhistorias propias de perda e supervivencia. Ao redor de 14.000 docentes víronse obrigados a fuxir da violencia.
 
"É incrible ver a nenos e mestres de todo o país facendo longas viaxes, a miúdo arriscando as súas vidas, co fin de chegar á escola e lograr as súas metas", dixo Hawkins.

IRAQ: NO QUE VA DE AnO, DemOs ACCESO A EDUCACIÓN A UNS 500.000 NenOS

Dende UNICEF, e xunto ás organizacións locais, estamos a traballar para evitar queos nenos en Iraq sigan perdendo oportunidades de futuro. No último ano, proporcionamos acceso á educación a preto de medio millón de nenos a través de accións como:

  • Construción de 40 novas escolas e 141 aulas prefabricadasinstaladas en todo o país.
  • Establecemento de 1.585 centros temporais de aprendizaxe, o que permite a máis de220.000 nenos continuar coa súa educación.
  • Distribución de materiais escolares (artigos de papelería, cadernos, mochilas e outros artigos) a máis de 200.000 nenos.
  • Repartición de materiais de prevención do cólera (libros, carteis e folletos) a 5.000 escolas. UNICEF está a coordinar cos aliados do Goberno a distribución destes materiais a escolas en todo o país durante as primeiras semanas do curso escolar.  

Temos o compromiso firme de aumentar o acceso á educación dos nenos enIraq. Coa túa axuda, logralo será máis fácil.