Iraq:un brote de cólera ameaza a nenos e familias
Un brote de cólera está a poñer en perigo aos nenos e familias de Iraq, un país moi castigado pola violencia e o conflito. Máis de 2.200 persoas están afectadas en 15 das 18 provincias do país; o 20% delas son nenos.
Dende UNICEF unímonos rapidamente
á resposta que se puxo en marcha en Iraq paraprotexer a nenos e familias do contaxio desta
temible enfermidade. Estamos moi preocupados porque as recenteschoivas torrenciais poderían empeorar a
situación.
Por este motivo, unímonos áOrganización Mundial da Saúde e aoMinisterio de Sanidade iraquí para frear o avance
do brote. Estamos a distribuír auga potable e proporcionando
tratamento a quen mostran síntomas de cólera.
Ademais, lanzamos unha campaña de sensibilización para axudar á
xente a protexerse da enfermidade.
BROTE DE CÓLERA EN IRAQ: "TEMOS QUE ACTUAR RÁPIDAMENTE"
"Desafortunadamente hai un alto
risco de que o cólera alcance outras zonas de Iraqe afecte especialmente a nenos e mulleres desprazados e marxinados,
e ás súas familias", dixo Peter Hawkins, representante de UNICEF en
Iraq. "Así que temos que actuar rapidamente".
As fortes choivas de
finais de outubro alagaron varias áreas do país que son
propensas a sufrir unha expansión do cólera. Por
exemplo, as graves inundacións preto de Bagdadcausaron que os sistemas de rede de sumidoiros desbordásense, o cal
afectou a 65.000 residentes de campos parapersoas desprazadas por mor da violencia.
Dende que se iniciou estebrote de cólera, a mediados de setembro, desde
UNICEF apoiamos a distribución de auga embotelladapara 37.000 persoas, e o transporte duns100.000 litros de auga ao día en camións para5.000 persoas.
BROTE DE CÓLERA EN IRAQ: "AS COMUNIDADES PoDEN PROTExERSE CON MEDIDAS SiNxeLAS"
"Unha parte importante dos nosos
esforzos ten como obxectivo axudar ás comunidadespara protexerse a si mesmas contra o cólera", dixo
Hawkins. "Poden facelo con medidas sinxelas, por exemplo utilizar
auga só de fontes protexidas, tratar a auga que se
almacena en casa, ou acudir ao médico en canto
calquera membro da familia teña diarrea ou outrossíntomas".
Dende UNICEF proporcionamos ás
autoridades sanitarias 820.000 sobres de sales de
rehidratación oral para tratar aos pacientes con
deshidratación. Para garantir que a poboación comprende a magnitude
da ameaza que supón o cólera, os fogares están a
recibir materiais informativos sobre a enfermidade. Tamén se
traballa para difundir mensaxes de prevención e concienciación encasas, escolas e medios de
comunicación.
Ti podes axudarnos a protexer aos
nenos de Iraq do brote de ébola. Por favor,doa
agora!