Isidro Elezgarai, novo presidente de UNICEF Comité País Vasco

UNICEF Comité País Vasco anuncia a substitución da súa presidencia ao cumprirse o mandato que marcan os seus Estatutos tras máis de seis anos de Carlos Epalza no cargo.

Isidro Elezgarai (Bilbao, 9 de maio de 1957) é, desde o pasado 19 de xaneiro, o novo presidente de UNICEF Comité País Vasco. A organización anuncia así a substitución da súa presidencia ao cumprirse o mandato que marcan os seus Estatutos. Vogal da anterior Xunta Directiva que presidía Carlos Epalza, Isidro Elezgarai foi durante 35 anos director de relacións cos medios de Laboral Kutxa, até decembro de 2015. O 13 de novembro de 2015 recibiu a distinción "Bihotza Especial" por parte dos medios de comunicación, como recoñecemento e vinculación a actividades de carácter social, nas que sempre participou de maneira activa.

 
A partir de agora, Isidro Elezgarai incorpórase á presidencia de UNICEF Comité País Vasco, abarcando as provincias de Bizkaia, Gipuzkoa e Álava, co propósito firme de defender e promover os dereitos da infancia. "Asumo con gran ilusión esta nova responsabilidade que me vai a permitir defender os dereitos dos nenos e nenas, e achegar a cada persoa da nosa Comunidade o labor que desenvolvemos en UNICEF. O meu desexo é transmitir á sociedade vasca proximidade, valores e esperanza en favor da infancia, traballando polos nenos máis próximos a nós e, tal como vén na nosa misión, polos nenos máis vulnerables do mundo".
 
Isidro Elezgarai substitúe no cargo a Carlos Epalza, quen desempeñou ese labor desde finais de 2009 e a quen UNICEF agradece o seu compromiso coa organización durante a súa etapa á fronte do Comité País Vasco, recoñecendo o traballo que levou a cabo a favor da infancia.

A Xunta Directiva de UNICEF Comité País Vasco queda composta da seguinte maneira: 

Presidente: Isidro Elezgarai Esteban

Vicepresidente: Francisco Alcolea Pozuelo

Tesoreiro: Ignacio Ágreda Peiro

Secretario: Javier Diago Elorduy

Vocal (Delegada provincial Gipuzkoa): Iratxe Elso Recarte

Vocal (Delegado provincial Álava): Eneko Etxebarrieta Hierro