IV Congreso Internacional Solidaria: aberto o prazo de inscrición
O congreso internacional Solidari@2014 celebra a súa cuarta edición os próximos 20 e 21 de novembro en Sevilla, co obxectivo de situar á infancia e os seus dereitos no centro da axenda pública e analizar, dende un punto de vista multisectorial, a situación da infancia en España e o resto do mundo. O concepto de 'Innovación para a equidade' será o eixe temático do congreso.
Este espazo de reflexión e diálogo será punto de encontro de profesionais do terceiro sector, técnicos de infancia e cooperación, universitarios, e membros do mundo académico, medios de comunicación, socios e colaboradores. Todos eles compartirán coñecementos, experiencias, análise e liñas de actuación en materia dedereitos de infancia, con especial atención aos nenos e nenas máis vulnerables. Xa é posible inscribirse para asistir na web do congreso. Máis de 30 relatores de diversas nacionalidades daranse cita en Solidari@2014 para analizar e centrar esforzos en identificar novas ferramentas que, nun mundo tan interconectado, optimicen resultados para os nenos en todo o mundo e contribúan de forma máis eficiente a reducir as desigualdades."Encontrar formas innovadoras de pensar e actuar é necesario, polo tanto, para promover a equidade; asegurándonos de que o lugar no que un nace ou a situación económica non determinan o futuro potencial dos nenos e as nenas", asegurou o presidente deUNICEF Comité Español, Carmelo Angulo. Coincidindo coa celebración do Día Universal do Neno e a conmemoración do 25 aniversario daConvención sobre os Dereitos do Neno (CDN), é o momento de analizar os logros alcanzados nestes anos e o traballo que aínda queda por facer.
Como explica Carmelo Angulo, sen dúbida, o mundo é un lugar mellor para a maioría dos nenos hoxe que hai 25 anos, cando a Convención sobre os Dereitos do Neno viu a luz. Non obstante, hai moitos, demasiados nenos e nenas que se están a quedar atrás e padecen violacións inadmisibles dos seus dereitos. Para chegar a eles e mellorar realmente as súas vidas é imprescindible apostar por unpensamento innovador, buscar novas perspectivas e contar con novas voces. Facer cousas distintas para lograr resultados distintos". Un dos actos centrais de Solidari@2014 será a presentación do informe anual de UNICEFEstado Mundial da Infancia, "co que queremos desafiar ao mundo a pensar sobre como impulsar o cambio para aqueles que son os máis difíciles de alcanzar e os nenos máis vulnerables", adiantou Carmelo Angulo. Ademais, no congreso farase público o informe Situación da infancia en Andalucía, que recolle as principais conclusións e recomendacións en torno á situación dos dereitos e as políticas de infancia na comunidade autónoma andaluza.
ASISTIR A SOLIDARIA
O prazo de inscricións ao IV Congreso Internacional Solidaria 2014 está aberto a través dapáxina web do encontro. Os alumnos das universidades con convenio poderán obter créditosCTS de libre de configuración. Toda a información se encontra dispoñible na web do congreso, no teléfono954 226 249 ou na dirección de correo electrónicoinscripciones@unicef.es