Jahna recibe axuda en Tacloban: "Sentímonos moi afortunados"

A igrexa Da nosa Señora do Perpetuo Socorro, en Tacloban, converteuse no improvisado fogar de 300 familias cuxas vivendas foron arrasadas polo tifón Haiyán. Entre eles encóntrase Jhana, de 20 anos, a orgullosa nai dunha nena moi especial, Gwendolyn.

Gwendolyn naceu xusto unha semana antes de que golpease Haiyán. "O tifón arrasou a nosa casa", di Jhana mentres lle dá o peito a Gwendolyn no medio de centos de persoas que se encontran resgardadas entre os bancos da igrexa. "Pero ela é o meu anxo e eu farei todo o posible para facer que a súa vida sexa fermosa. "

Pola tarde, UNICEF e ACF distribuíron 300 kits de hixiene entre as familias que se refuxian na igrexa. Cada kit inclúe subministracións de hixiene abondo para unha familia de seis persoas e está composto de xabóns, colectores de auga, pasta de dentes, cepillos de dentes, deterxente e toallas sanitarias.

Axuda a Filipinas: UNICEF distribúe kits de hixiene entre os afecatados polo tifón

"Sentímonos moi afortunados hoxe. Esta noite temos xabón e pasta de dentes e imos poder lavar a roupa" dixo Jhana.

Mañá é domingo e Jhana espera poder acudir á primeira misa que se oficia na igrexa dende que o tifón devastou Filipinas. "Rezarei por Gwendolyn para que sexa feliz e saudable" asegura.

"Non teño casa, pero teño o meu fermoso anxo comigo" di mentres Gwendolyn segue mamando felizmente do peito da súa nai, quizais porque dalgún xeito sabe que ela e a súa nai son afortunadas por sobrevivir ao tifón Haiyán.

Entre onte e hoxe, UNICEF e aliados como ACF distribuíron 2.500 kits de hixiene e moitos máis están de camiño. AirAsia proporcionou transporte aéreo gratuíto para enviar 3.000 kits de hixiene de UNICEF dende Manila a Tacloban.

Outro voo de AirAsia chegou hoxe a Tacloban con axuda a Filipinas, persoal humanitario de UNICEF e outras ONG, e mesmo cans adestrados para as tarefas de rescate.

Axuda a Filipinas: como colaborar cos nenos e familias afectadas

Se queres colaborar nesta emerxencia, podes facelo:
 
A través da nosa web.
 
Enviando un SMS* coa palabra UNICEF ao 28028
 
Chamando ao 900 907 900
 
Nas seguintes contas bancarias:
 
BBVA          0182 2370 40 0208517159
Caixabank  2100 5731 70 0200005001
Santander  0049 1804 16 2610410756
Banesto      0030 8301 78 0000046271
ING Direct   1465 0100 95 6000000000
 
*CUSTO DA MENSAXE 1,20 € ÍNTEGRO PARA UNICEF. Válido para Movistar, Vodafone, Orange, Yoigo e Euskaltel. Número sen fins comerciais. Operado por UNICEF n.atn.clte:902080900 unicef.es. Información legal e protección de datos: unicef.es