Kangkang Wu, o mellor futbolista do mundo

Kangkang Wu, de 9 anos, desprende optimismo. Encántalle o fútbol e xogou mesmo dende que era demasiado pequeno para soster a pelota.

Hai dous anos perdeu unha perna nun accidente, pero non a súa paixón polo xogo nin o seu sorriso. Á pregunta de quen é o mellor xogador do mundo? el ten clara a súa resposta: "Eu sería o mellor de todos se xogase con eles no mesmo campo".

Todos os nenos teñen dereito a soñar

Kangkang Wu, de 9 anos, é o protagonista de Omesmo dereito a soñar, o vídeo dun minuto de Yun Chan, de 20 anos, que gañou o concurso de video xuvenil patrocinado por UNICEF Fíxate na capacidade! Son vídeos dun minuto que tratan sobre os dereitos dos nenos. Os autores son mozos de entre 12 e 20 anos de todo o mundo.Yun Han, de 20 anos, foi sempre reticente a expresar os seus sonos. "Ao crecer, eu tiña grandes sonos, pero nunca tiven a coraxe de falar cando me preguntaron... porque non podía deixar de pensar que a xente ía rir de min". Entón coñeceu a Kangkang Wu: Sorprendeume a súa fascinación polo fútbol, e que fose máis feliz que outros nenos", afirma.


Ela quixo compartir o entusiasmo de Kangkang Wu"especialmente a aqueles que aínda viven na sombra dunha determinada minusvalidez, para alentalos a que se ergan e persigan os seus sonos con valentía,".