Kenya: un pozo que leva auga e esperanza a varias xeracións

Polo correspondente de UNICEF Thomas Nybo

Pasaron varios anos dende a última vez que Fatima Suthi viu chover. Aos seus 51 anos, esta nai de oito fillos vive no campamento de refuxiados de Dadaab, no nordés de Kenya.

Suthi loitou sempre por sobrevivir nunha terra onde a auga escasea. Aquí, a seca matou a todo o seu gando e obrigouno a adaptarse, ao igual que a outras familias de pastores.

a AugA TRAE ESPERANZA

Suthi asentouse nunha pequena choza cos seus nenos. O clima é tan hostil e as follas tan escasas, que o único modo que ten a familia de obter algo de sombra contra o sol vespertino é cubrir con bolsas de plástico a árbore contigua á súa cabana. Con esta brutal paisaxe como pano de fondo, o proxecto hidráulico avalado por UNICEFtróuxolle esperanza. Nunha escola próxima construída porUNICEF, a organización perforou un pozo que abastece de auga potable unha comunidade máis ampla. As vidas de Suthi e os seus nenos cóntanse entre as beneficiadas. "Sen auga, non hai vida. Agora as miñas fillas poden acudir a clase. Antes empregaban os seus días en ir a por auga. Este proxecto hidráulico cambiou a miña vida", afirmaUNICEF instalou un pozo de auga nos terreos da escola. Pola auga cóbrase unha pequena tarifa. Os ingresos empréganse para o combustible da bomba de auga, o salario dos mestres, o pagamento dun garda de seguridade e os gastos escolares dos nenos máis vulnerables.Mohamued Abdi Osman é o director da escola e administra tamén o posto. "A vida aquí era moi difícil antes. As familias envían agora os nenos á escola porque a auga está aquí mesmo. Despois de que morresen moitos animais durante a seca, a única esperanza para as familias nómades era dar unha educación para os seus fillos. O posto de distribución de auga, xusto aquí na escola, fai que iso sexa posible", sostén.A comunidade goza de mellor saúde, está máis feliz e mellor preparada para facer fronte á continua seca. Ademais, moitos nenos reciben educación por primeira vez na súa vida, o que supoñerá un beneficio duradeiro para varias xeracións.