Kimberly-Clark apoia proxectos de auga e saneamento en Angola e Sudáfrica
A empresa Kimberly-Clark España destinará a UNICEF unha porcentaxe das vendas de varias referencias da súa marca Scottex®, durante os meses de xullo a setembro, para contribuír a proporcionar auga potable e saneamento en escolas de Sudáfrica, e a que comunidades de Angola poidan construír os seus propios baños. Independentemente, comprométese a achegar unha cifra de 160.000 euros a UNICEF.
Angola presenta
a maior taxa de mortalidade infantil de todo o
mundo, e 1 de cada 4 mortes de nenos menores de cinco anos está
relacionada con enfermidades vinculadas á falta de auga limpa e
saneamento, como a diarrea.
O apoio de Kimberly-Clark
permitirá que 60.000 nenos e as súas familiasteñan acceso a saneamento, e que 100
comunidades reciban información sobre a importancia dun
saneamento adecuado.
En Sudáfrica, 4
de 10 escolas só teñen saneamento básico (letrina de foxo) e un 7%
das escolas non teñen ningún acceso a auga.
A alianza con Kimberly-Clark
contribuirá a mellorar o acceso a auga e
saneamento en 300 escolas, así como a
informar os nenos e as súas familias sobre a necesidade dun
saneamento adecuado, alcanzando a máis de 1 millón de nenos
e 35.000 profesores.