Lake: hai que investir nos nenos
O Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake, visita España nunha viaxe de dous días, coincidindo coa Reunión Anual dos Comités Nacionais de UNICEF que tivo lugar esta semana en París. No seu primeiro día en España, Lake mantivo un encontro con SM a Raíña Dona Sofía. Tamén se entrevistará con distintos representantes do Goberno e participará nun acto co FC Barcelona, que colabora con UNICEF dende 2006.
Agradecemento a SM a Raiña
SM a Raíña Dona Sofía, Presidenta de Honra de UNICEF España dende o ano 1971, recibiu Lake e a Presidenta de UNICEF España, Consuelo Crespo, para falar da situación da infancia no mundo, especialmente dos nenos máis vulnerables e aqueles que sofren desnutrición. O Director Executivo de UNICEF agradeceu á Raíña o seu apoio constante aos dereitos dos nenos.Lake, licenciado enHarvard e doutorado en Asuntos Internacionais e Públicos por Princetown, asumiu a Dirección Executiva do Fondo de Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF) en 2010, converténdose no sexto director da organización, tras máis de 45 anos dedicados ao servizo público en diferentes postos, relacionados coa política exterior, a seguridade nacional, a acción humanitaria e o desenvolvemento.
Ao longo do seu primeiro día en España, Anthony Lake mostrou o agradecemento de UNICEF á sociedade española e ao traballo que dende España se realiza para conseguir melloras na vida dos nenos máis vulnerables, grazas ao apoio de miles de socios, doadores e aliados. "Todo o que se consegue aquí ten unha enorme importancia polo impacto directo que ten na vida dos nenos", subliñou. O Director Executivo de UNICEFrecordou a súa recente visita a un dos países afectados pola crise do Sahel, Chad, e onde, segundo as súas palabras a crise que se leva meses anunciando xa se está a producir."Estamos a facer moito, pero aínda é necesario facer máis, e necesitamos recursos para facelo", comentou facendo unha chamada á resposta da comunidade internacional.
Para rematar,Lake tamén se referiu a como a crise está a afectar as achegas dos gobernos á cooperacióne sinalou que o seu traballo cos gobernos dos países desenvolvidos, e non só co español, se centra en animalos para que escoiten a súa poboación e sigan investindo nos nenos.