Leo Messi: "Eles non teñen que morrer"
O Embaixador de UNICEF Leo Messi fai unha petición urxente para que, entre todos, logremos aumentar os esforzos pola supervivencia infantil para salvar as vidas de miles de nenos que morren cada día por causas que podemos evitar.
"Todos podemos axudar a rematar coas mortes de nenos por causas evitables", di Messi no vídeo. Estes nenos "non teñen que morrer, pero morren".
19.000 nenos morren cada día por causas evitables
A pesar dos avances, uns 19.000 nenos menores de cinco anos morren cada día por causas como a pneumonía, a diarrea, o sarampelo ou a desnutrición, que está asociada a unha terceira parte destas mortes. Isto non debe acontecer. Os datos insisten en que por primeira vez na historia, existen o coñecemento e as tecnoloxías para chegar aos nenos máis vulnerables con intervencións que poden salvar as súas vidas.Alcanzáronse grandes logros. En dúas décadas, a mortalidade infantil caeu das case 12 millóns de mortes de nenos menores de 5 anos en 1990 a uns 6,9 millóns en 2011. No curto prazo, este ano conseguiuse, entre outros logros, que máis de 850.000 nenos reciban tratamento contra a desnutrición aguda na rexión do Sahel. Pódese -e débese- facer moito máis, e por iso Messi pon a súa atención persoal na supervivencia infantil e urxe a outros a que fagan o mesmo. Para sumar esforzos nesta dirección, UNICEF España dedica a súa campaña Cumpledías ásupervivencia infantil, poñendo foco na desnutrición, causa relacionada coa morte duns 6.400 nenos menores de cinco anos cada día.
A campaña parte da base de que todos os nenos teñen dereito a cumprir anos pero en moitos lugares, a súa situación é tan precaria que cumprir días xa é un motivo de alegría pola supervivencia. Calquera persoa pode sumarse á campaña a través de Cumpledías ou enviando unSMS coa palabra UNICEF ao 28028.
Messi, un firme defensor da infancia vulnerable
Elixido polaFIFA como Mellor Xogador do Mundo en 2009 e gañador de tres Balóns de Ouro como mellor xogador europeo do ano, Messi foi nomeado Embaixador de Boa Vontade de UNICEF en marzo de 2010. Dende entón, exerceu como un firme defensor da infancia máis vulnerable do mundo e visitou Arxentina, Costa Rica e Haití para axudar a xerar conciencia e para apoiar o traballo de UNICEF e os seus aliados.