Líbano: os nenos sirios enfróntanse ao frío extremo

En Dalhamieh, un pequeno pobo do Val da Bekaa, a uns 30 quilómetros ao leste de Bayrut, os refuxiados sirios dispérsanse nun campamento informal, onde as tendas se multiplican día a día. Ata hai uns días, o campamento acollía 698 refuxiados, dos cales 86 eran nenos menores de 2 anos.

A poboación que vive no campamentocruzou a fronteira con case nada e agoraenfróntanse ao inverno, nunha zona en que as temperaturas están por debaixo dos cero graos, e onde neva frecuentemente. Feitas de cartón, plásticos e pedras, as tendas do campamento apenas poden resistir o rigor do clima. Cando chove, a auga fíltrase e as condicións de vida empeoran. Os nenos colócanse bolsas de plástico nos pés para protexer as súas pernas do barro cando camiñan.Fuximos da violencia en Sirya con case nada. Non tivemos tempo de facer as maletas, e algúns perdérono todo cando bombardearon as súas casas. Ademais, o clima alí era moi cálido cando nos fomos, e ninguén pensou nun exilio a longo prazo e na preparación de roupa para as próximas tempadas ", di Samir de 10 anos de idade.

 

Líbano: un dos países con maior número de refuxiados sirios

O pasado 19 de decembro, ACNUR estimou o número de refuxiados rexistrados ou en espera para rexistrarse en Líbano en máis de 160.000 persoas. Non obstante, o número real é ostensiblemente maior, xa quemoitos refuxiados escollen non se rexistrar por medo á súa seguridade e outras razóns, facendo de Líbano un dos países receptores con maior número real de refuxiados sirios na rexión. Nas rexións libanesas de Norte e Bekaacalcúlase que hai aproximadamente 35.000 nenos sirios menores de 14 anos, enfrontándose a unhas condicións climatolóxicas extremas. A semana pasada, ao redor de 270 refuxiados sirios acollidos en Líbano foron hospitalizados, o que puxo de manifesto a precaria situación á que se enfrontan as familias sirias refuxiadas.A prioridade principal de UNICEF no seu traballo nestes momentos émanter os nenos quentes, seguros e sans.
 
 

o risco de enfermidades

Con latrinas inundadas, e a falta de capacidade para manter unhas instalacións de hixiene e saneamento axeitadas, o campamento convértese en foco de enfermidades como a hepatite e a cólera.No pequeno pobo de Adous, Abood Mustafa, un residente libanés, di que está a aumentar o número de persoas que son ingresadas nos hospitais e hai temor de que ese número poida aumentar durante os meses de inverno. "Estamos a tratar de axudar, cortamos un pouco de leña, e estamos a tratar de facer que as cousas funcionen... Aínda hai persoas que non teñen tanques ou filtros de auga, nin mantas nin colchóns. As persoas que cruzan a fronteira a Líbano chegan sen nada", di.
 

Roupa de inverno para os nenos sirios

UNICEF,xunto cos seus aliados, está a poñer en marcha un programa en Líbano para proporcionar aos refuxiados en Akkar, Líbano Norte e o Val da Bekaa kits con suministrios que lles axude a prepararse e facer fronte ao inverno.UNICEF comezou a distribuír roupa de inverno entre os nenos sirios refuxiados. O obxectivo é chegar a 30.000 nenos, á metade deles entregásenselle kits que inclúen zapatos, calcetíns, pantalóns, chaquetas, gorras, luvas e medias; e á outra metade entregaránselles vales para comprar roupa nos mercados próximos. Tamén se distribuirán mantas, lonas de plástico e kits de hixiene familiar e para bebés; ademais estase a planificar a distribución de subministracións médicas e nutricionais. Segundo Olivier Mulet, Especialista en loxística e subministracións de UNICEFno Líbano, a escasa marxe de tempo é un reto porque a situación dos refuxiados está a empeorar cada día: "Por iso fixámonos na dispoñibilidade do mercado local e utilizamos o sistema de vales, que permite unha resposta moi rápida. "