A liga de Fútbol Profesional apoia aos refuxiados este Nadal

2015 foi o ano da gran crise de refuxiados. O mundo non vira un desprazamento de persoas similar desde a II Guerra Mundial. A guerra e os conflitos que que viven algúns países obrigaron a millóns de persoas a abandonar as súas casas.

 

Este desolador panorama motivou áliga de Fútbol Profesional a realizar unha doazón a UNICEF psra apoiar o noso traballo cos refuxiados. Un apoio que nos permitirá impulsar a protección de face ao frío inverno.
 
As persoas que foxen da guerra nos seus países de orixe non temen ásbaixas temperaturas, pero o certo é que estas supoñen unha grave ameaza para a súa saúde durante a viaxe. O frío aumenta exponencialmente as posibilidades de sufrirhipotermias, pneumonías e outrasenfermidades respiratorias.
 

A LIGA COLOCARÁ UN ÁRBOL DOS DESExOS DE UNICEF Nos SeUS FAN ZONES 

Durante a xornada 17 de campionato, que este ano se celebrará por primeira vez osdías 30 e 31 de decembro, instalaranse carpas no exterior dos estadios con actividades para toda a familia. Nestas fan zones, LaLiga vai colocar unhaárbore dos desexos de UNICEF, no que os máis pequenos poderán colocar os seus desexos para os máis desfavorecidos. Animámosvos a achegarvos cos vosos fillos, sobriños ou netos para que deixen a súa mensaxe!
 
Non é a primeira vez que LaLiga colabora connosco. En 2013 e 2014 celebráronse dous partidos solidarios co nome de Champions for Life. A primeira edición deste partido conseguiu 550.000 euros para paliar os efectos do terrible tifón Haiyán en Filipinas. O ano pasado recadáronse máis de 400.000 euros para loitar contra oébola en África occidental.
 

AxUDA REFUxIADOS: DISTRIBUIMOS MATERIAL PARA fACER FRoNTE Ao INVERNO

Desde UNICEF xa estamos a distribuír material para que as familias que atravesan fronteiras en busca dun lugar máis seguro poidan facer fronte ao frío. A contribución de a Liga servirá para poder levar máis mantas, calefactores e roupa de abrigo onde faga máis falta.