Loita contra a desnutrición dos nenos refuxiados pola guerra en República Centroafricana

O conflito en República Centroafricana obrigou a cruzar a fronteira con Camerún a máis de 100.000 persoas. A saúde destes refuxiados, incluíndo a súa situación nutricional, está ameazada despois de case un mes de traxecto.
 
Neste contexto é necesaria unha intervención rápida e eficaz, distribuíndo subministracións nutricionais e medicamentos esenciais para o tratamento da desnutrición. 
 
A Deputación de Valencia está a apoiar un proxecto de UNICEF para ofrecer tratamento contra a desnutrición aguda grave a un total de 3.150 nenos e nenas refuxiados en Camerún. Así mesmo, dotarase co equipamento necesario a varios centros de saúde de Adamawa, estado de Nixeria fronteirizo con Camerún.

 

 
Cinco cadaminuto, 8.000 ao día, case tres millóns todos os anos. É a cifra intolerable de nenos menores de cinco anos quemorren por desnutrición aguda grave, un problema que afecta na actualidade a 17 millóns de nenos.
 
A loita contra adesnutrición infantil é un das nosas grandes frontes de traballo en todo o mundo. Un exemplo son os 2,3 millóns de nenos que tratamos contra adesnutrición aguda grave nas emerxencias humanitarias de 2014.