Loita contra a malaria: as mortes redúcense un 60%

A loita contra a malaria está a gañar terreo a esta terrible enfermidade. Desde o ano 2000, a taxa de mortalidade por mor da enfermidade caeu un 60%. Isto significa que 6,2 millóns de persoas, a maioría nenos, salvaron a súa vida. 

Esta é a conclusión principal duninforme que lanzamos xunto á Organización Mundial da Saúde (OMS) e que tamén destaca a redución dos novos casos,un 37% nos últimos 15 anos. 
 
Os resultados son tan positivos que se considera que se alcanzou a meta marcada para reducir a malaria nos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM). De feito, cada vez son máis o países que estánpreto de eliminar a enfermidade, sendo enAsia o continente onde se avanza máis rápido. 
 
"O control global da malaria é unha das maiores historias de éxito de saúde pública dos últimos 15 anos?, dixo Margaret Chan, directora xeral da OMS. "É un sinal de que as nosas estratexias dan no albo, e de que podemos derrotar a este antigo inimigo mortal, que segue cobrándose centos de miles de vidas, a maior parte de nenos, cada ano".
 

LoitA CONTRA A MALARIA: QUEDA MoitO CAMINO POR perCORRER

Como explicaba a directora xeral da OMS, a pesar dos claros avances, a malaria continúa sendo ungrave problema de saúde. Só este ano calcúlase que438.000 persoas poden morrer por mor desta enfermidade que, lembremos, pódese previr e tratar.
 
África subsahariana segue sendo a zona máis castigada pola malaria. No que vai de ano, esta rexión do mundo concentra o 80% dos casos e o 78% das mortes por mor deste mal. Dous terzos delas corresponden a nenos. 
 
"A malaria mata sobre todo aos nenos pequenos, especialmente aos que viven nos lugares máis pobres e remotos. Así que a mellor maneira de celebrar o progreso global na loita contra a malaria é comprometernos de novo con chegar a eses nenos e tratalos", dixo o director executivo de UNICEF, Anthony Lake. "Sabemos como previr e tratar a malaria. Posto que podemos facelo, debemos facelo".
 

LoitA CONTRA A MALARIA: REDUCIR A MALARIA UN 90%, OBxEcTIVO PARA 2030

Para continuar a batalla contra esta enfermidade, estableceuse unha nova folla de ruta para os próximos 15 anos, cuxo obxectivo é aredución do 90% da incidencia mundial e a mortalidade por malaria para o 2030.
 
Para chegar até aí necesítase unha forte vontade política e maior investimento para previr a malaria con elementos tan sinxelos como mosquiteras e insecticidas, dos que 1 de cada 4 nenos carecen en África Subsahariana. 
 
Se queres contribuír na erradicación da malaria,envía mosquiteras a 3 familias para que poidanprotexerse do mosquito que transmite a enfermidade.