Malí: é necesario protexer os nenos
Debido ás operacións militares que están a ter lugar en Malí, UNICEF fai un chamamento aos líderes de todas as forzas armadas, grupos e milicias para que tomen todas as medidas posibles para protexer os nenos dos efectos das hostilidades, poñendo fin ao recrutamento e utilización de nenos nas súas filas e mantendo á infancia fóra de perigo.
"Os comandantes están obrigados a liberar inmediatamente a todos os nenos menores de 18 anos que estean recrutados nos seus grupos para evitar expoñer os nenos aos riscos do conflito", dixo Pernille Ironside, Especialista en Protección Infantil en Emerxencias, en UNICEF en Nova York. "As Forzas Armadas de Malí e os aliados deben facer todo o posible para evitar vítimas civís, como mulleres e nenos", engadiu.UNICEF mostra a súa profunda preocupación pola utilización de nenos no conflito. Hai un alto risco de que sexan separados das súas familias, o que os fai moito máis vulnerables a todo tipo de abusos, como o recrutamento militar, abusos sexuais, trata e outras formas de violencia contra os nenos. Tamén existe o risco de que, no caso de que os grupos armados se retiren ou fuxan, os nenos sexan deixados atrás, quedando vulnerables a represalias.