Mans limpas salvan vidas

Por Mark Frantz, responsable de Alianzas Corporativas de UNICEF Comité Cataluña

 

Aracelyquere ser enfermeira. O de coidar os demais dáselle moi ben. Non se despega en todo o día do seu irmán pequeno de tan só dous aniños,Sandi.

Aracely ten seis anos e é a "irmá maior" da casa porque Nesli, a súa irmá de 13 anos, vive cos seus tíos en Monteagudo, a capital do departamento deChuquisaca enBolivia, onde cursa os seus estudos de secundaria.

Aracely e a súa familia viven enMaycha Mayu, unha comunidade pertencente ao municipio de Monteagudo, que está a 30 minutos desta cidade.Maycha Mayu é o que UNICEF denomina unha comunidade rural dispersa. Nelas, as vivendas das familias encóntranse repartidas nun amplo territorio de difícil acceso e é aquí onde a escola cumpre unha función central nas actividades da comunidade.

É na escola ondeAracely e os seus 25 compañeiros están a aprender como lavarse as mans impacta positivamente no seu estado de saúde, reducindo os casos de diarrea de forma substancial.

A diarrea segue sendo asegunda causa máis importante demortalidade entre os nenos de menos de cinco anos no mundo. Debido ás enfermidades diarreicas máis de 600.000 nenos morren ao ano, dun total de máis de 1,7 millóns de casos.
 

"a AugA é VIDA"

"A auga é vida", cóntanos Santos, o pai de Aracely. Santos é ademais o tesoureiro do Comité de Auga da comunidade. "O apoio de UNICEF permitiunos construír novas tomas de auga, tanques e canalizacións. E construíronse novas latrinas e lavamáns na escola para os nenos e nenas. Estamos moi contentos.Sen estas melloras, seguramente xa non viviriamos aquí, os nenos enfermaban demasiado a miúdo".

UNICEF ofrece asistencia técnica e financeira dende 2010 aos municipios de Monteagudo, Huacaretae Macharetí, no departamento deChuquisaca en Bolivia. Grazas a este traballo, no que o apoio da Fundación We Are Water foi esencial, puidéronse xa construírsistemas de auga, baños e duchas escolares nos tres municipios; formouse a 7 comunidades no tratamento da auga a nivel domiciliario e creáronse 11 Comités de Auga Potable e Saneamento, entre outros.

Bolivia, unha vitoria posible

Ao longo das dúas últimas décadas, Bolivia logrou reducir á metade os niveis de mortalidade infantile acariciar a posibilidade dun futuro libre desta eiva. O seu exemplo forma parte dun esforzo global no que acooperación xogou un papel protagonista.

En Bolivia, a diferenza entre ter acceso a fontes de auga seguras e non o ter incrementa os riscos de mortalidade infantil nun 21%. E as comunidades rurais sofren niveis de mortalidade un 70% máis altos que as urbanas.

Pero o gran reto de Bolivia é facer fronte aos baixos índices de saneamento, xa que tan só o 29% da poboación a nivel nacional ten acceso a un saneamento axeitado.

UNICEF traballa intensamente para facer fronte a estes grandes retos, e en especial ás desigualdades, e para poder ofrecer a todos os nenos e nenas as oportunidades de desenvolvemento que merecen.