Manter as familias unidas tras o terremoto, unha das prioridades de UNICEF

O terremoto de Haití puxo en risco a xa difícil situación da infancia no país. 1,2 millóns de nenos haitianos xa eran extremadamente vulnerables antes do 12 de xaneiro, o que se agravou tras o sismo: millóns de nenos quedaron separados das súas familias, perderon as súas casas, e aínda viven agrupados en refuxios temporais, onde en moitas ocasións son vítimas da violencia. Dar resposta a cada unha destas problemáticas foi e segue a ser unha das prioridades de UNICEF.

Apoiar e dar resposta aos nenos que perderan ás súas familias ou que se separaron delas tras o terremoto foi unha das principais prioridades de UNICEF desde as primeiras horas da catástrofe.Ata o momento, logrouse rexistrar a case 5.000 nenos e reunificalos coas súas familias a 1.265.

Outro dos grandes retos foi conseguir que os nenos volvesen á normalidade o antes posible. Por iso creáronse os Espazos Amigos da Infancia, que lles ofrecen actividades recreativas e apoio psicosocial aos menores. Hoxe en día preto de 95.000 nenos acoden aos 369 espazos que existen.

Apoio ás familias para sacar adiante aos seus fillos

UNICEF, xunto cos seus aliados, tamén está facendo todo o posible para apoiar as familias que están pasando por dificultades económicas á hora de manter os seus fillos. Este é ocaso de Joseph Charles e da súa esposa Marie, agricultores, que tras o terremoto non tiveron outro remedio que enviar ás súas tres fillas a un centro local de residencia infantil.

[]

"Sentinme avergoñado e incómodo", comenta Charles. "Foi a decisión máis difícil á que xamais me tiven que enfrontar". Para axudar estas familias, a ONG aliada de UNICEF, Terre des Hommes, embarcouse nun proxecto a longo prazo con solucións sostibles para familias que sentían que non tiñan outra opción máis que renunciar ao coidado dos seus fillos.

Identificouse e marcouse como obxectivo a 24 familias que entregaran os seus fillos por motivos económicos. Os proxenitores, incluído Charles, reuníronse cos traballadores sociais de Terre des Hommes, os que avaliaron a viabilidade de reiniciar as súas ocupacións ou de buscar outras oportunidades para que puidesen gañar a vida. Con axuda, cada familia abriu unha conta bancaria para pagar as matrículas da escola, comprar comida e contar cun orzamento para futuras necesidades, incluída a dun aloxamento permanente.

Despois dun par de meses no centro de residencia infantil, as fillas de Charles regresaron á súa casa. Charles agora coida dos seus campos de arroz e incluso puido contratar outros traballadores, permitindo á súa vez que estes poidan manter as súas familias. As visitas de seguimento e supervisión a cargo de traballadores de protección infantil están axudando a garantir que as familias que se volveron reunir cos seus fillos os póidanos manter a longo prazo.