Matrimonio infantil en África: 310 millóns de nenas casadas en 2050

Actualmente en África hai 125 millóns de nenas que foron obrigadas a casar antes de cumprir os 18 anos. Unha realidade moi preocupante se ademais temos en conta que, segundo o noso último informe sobre matrimonio infantil, en 2050 a cifra alcanzará os 310 millóns de nenas.

 

Dende UNICEF, aproveitamos oCume da Unión Africana sobre as Nenas, que se celebra en Lusaka, Zambia, para presentar o estudoA situación matrimonio infantil en África, no que subliñamos a lentitude coa que esta práctica está a reducirse nocontinente africano.
 
En todas as demais rexións do mundo, as taxas actuais de redución e as tendencias demográficas implican que haberá menos nenas casadas cada ano. Con todo, en 2050, África superará aAsia meridional como a rexión co maior número demulleres de 20 a 24 anos que casaron sendo nenas.

o CRECeMENTO DE POBoACIÓN EN ÁFRICA EXPLICA o AUMENTO Do MATRIMONIO INFANTIL

Isto explícase porque, a pesar de que a porcentaxe de nenas que casan en África si diminuíu, o crecemento exponencial da poboación implica que o número total siga aumentando. Por este motivo, é necesario adoptar medidas moito máis ambiciosas, xa que mesmo se se duplica a taxa actual de redución dos matrimonios infantís, isto significará aínda un aumento no número de nenas casadas.
 
"O matrimonio infantil ocorre porque os adultos cren que teñen dereito a impor o matrimonio aos nenos. Isto négalles, especialmente ás nenas, a súa dignidade e a oportunidade de tomar decisións que son esenciais nas súas vidas, como con quen se queren casar ou cando queren ter fillos. A capacidade de elixir defínenos e permítenos desenvolver o noso potencial. O matrimonio infantil rouba esta posibilidade ás nenas". Son palabras de Desmond Tutú e Graça Machelque ilustran o que supón esta realidade que sofren millóns de nenas en África e no mundo. 

MATRIMONIO INFANTIL: A HISTORIA DE KARIMA

Karima ten 14 anos e vive en Níxer. Cando tiña 12 o seu avó estivo a piques de casala, pero todo púidose evitar no último minuto. Agora poderá terminar o colexio. Está en primeiro de secundaria e as súas materias preferidas son ofrancés, a bioloxía e ahistoria.
 
Cando as nenas comoKarima casan, as súas perspectivas de levar unha vida saudable diminúen drasticamente, provocando un ciclo de pobreza intergeneracional. As nenas casadas teñen menos probabilidades de terminar a escola e máis posibilidades de servítimas da violencia e de contraer o VIH.
 
Ademais, os fillos denais adolescentes teñen un maior risco de nacer mortos, de morrer pouco despois de nacer e de ter baixo peso. Asnenas casadas a miúdo carecen das habilidades necesarias para obter emprego.

A UNIÓN AFRICANA LoitA POR ACABAR CO MATRIMONIO INFANTIL

A Unión Africanapresentou en maio pasado unha campaña en todo o continente para pór fin ao matrimonio infantil. Proporcionouse un plan de acción para os gobernos destinado a reducir as taxas de matrimonio infantil mediante un aumento no acceso das nenas á inscrición dos nacementos, a educación de calidadee os servizos de saúde reprodutiva. Outra parte do plan consistía en fortalecer e facer cumprir as leis e políticas que protexen os dereitos das nenas e prohiben o matrimonio antes dos 18 anos.
 
"O número de nenas afectadas -e o que isto significa en termos de infancias perdidas e de futuros destruídos- subliña a urxencia de prohibir a práctica do matrimonio infantil dunha vez por todas", dixo o director executivo de UNICEF Anthony Lake. Cada nena casada é unha traxedia individual. Un aumento no seu número é intolerable".