Mauritania: 'O meu fillo xa non come area'
Por Blanca Carazo, Responsable de Proxectos de Cooperación de UNICEF España
Toda a crueza da fame e toda a esperanza dun presente mellor en seis palabras. Unha pequena frase que conta unha historia, e moitas historias.
A historia deCheik, recuperado dun episodio de desnutrición aguda nun centro de saúde cuxas enfermeiras recibiron formación para o seu tratamento. A historia deAourriye, que, á espera de que remate a seca e chegue a próxima colleita de paínzo, poderá previr a desnutrición dos seus fillos ao recibir suplementos alimentarios a base de cacahuete. A historia dun Goberno, o mauritano, que comprendeu a importancia de previr e combater a desnutrición dos nenos e nenas, e que pon todo o seu empeño en deseñar e aplicarestratexias para logralo. A historia doutros actores internacionais, entre eles o Goberno español, que apoiaron con fondos da axuda internacional este compromiso polo futuro deCheik, Kumbaba e moitos outros pequenos en Mauritania. A historia dunha alianza, a iniciativa REACH, onde UNICEF, aFAO, o PMA e a OMS se coordinan co Goberno para aplicar recursos a combater e previr a desnutrición, con accións que van dende apromoción da lactación materna ata a entrega de efectivo (cash transfer) ás familias máis vulnerables. Historias de confianza, esforzo e compromiso que se traducen en resultados tanxibles. Comparando coas cifras nos países veciños,estas accións lograron salvar da desnutrición 87.000 nenos e nenas en Mauritania.
Todas estas historias e moitas máis nunha análise lúcida e reveladora, o informe de Gonzalo Fanjul O meu fillo xa non come area. Mauritania, a axuda e a batalla global contra a desnutrición infantil.
o meu fillo xa non come area
Claridade, sinxeleza, e futuro nunha pequena frase .[]
Aclaridade dunha realidade que ofrece a súacara menos amable nunha nai ou un pai que non teñen con que alimentar os seus fillos.A sinxeleza dunha resposta que non admite escusas:sabemos como combater a desnutrición e non podemos deixar de dedicar vontade e recursos para facelo. O futuro que queremos para todos os nenos do mundo. Un futuro libre de fame e de medo. Un futuro cheo de ilusión e oportunidades. Un futuro que lles prometemos e que, entre todos, podemos e debemos construír para eles.