Melloramos o estado nutricional dos nenos máis vulnerables en Malí co apoio da Xunta de Galicia.

Promoveranse prácticas e coidados adecuados para bebés e nenos e reforzarase a coordinación nutricional multisectorial.

Mali desnutrición Galicia
27/07/2020

UNICEF e a Xunta de Galicia uníronse para avanzar no logro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), concretamente o ODS 2 -Fame cero-, previndo a desnutrición crónica en nenos e adolescentes en Malí.

O proxecto pretende atallar a desnutrición crónica entre mulleres embarazadas e nais, e entre nenas e nenos menores de cinco anos, nas rexións de Kayes, Mopti e Sikasso, a través de comités multisectoriais e grupos de apoio maternais existentes nos centros e postos sanitarios.

As accións, que se enmarcan dentro da “xanela dos 1.000 días” - desde o embarazo ata o bebé de dous anos - centraranse, entre outras, en:

  • Promoción e apoio da lactación materna. .
  • A mellora da alimentación complementaria a partir dos 6 meses de idade.
  • A subministración de vitamina A, ferro, ácido fólico e cinc terapéutico.
  • A subministración de micronutrientes.

Esta intervención inclúe o fortalecemento das capacidades de las familias más vulnerables, de xeito que estean máis preparadas para evitar casos futuros de desnutrición crónica.

“Reforzaremos as actividades de sensibilización e participación das familias, para que as nais e os pais estean cada vez mellor informadas e teñan máis habilidades sobre as boas prácticas de alimentación dos seus bebés, as formas de variar a dieta, os beneficios de prácticas exclusivas de lactación, alimentación e hixiene que afectan negativamente a saúde e o benestar dos seus fillos ", subliñou a presidenta do Comité de Galicia, Myriam Garabito.