Millóns de nenos en risco polo fenómeno de 'O Neno'

Fame, enfermidades, falta de auga... Os peores inimigos da supervivencia infantil poderían multiplicarse e pór en risco a vida de millóns de nenos debido á intensificación de 'O Neno'. 

 

Este fenómeno meteorolóxico, que se produce cunha periodicidade de entre 2 e 7 anos, está relacionado co quecemento do Océano Pacífico e ten poderosos efectos na situación climática do resto do mundo. Espérase que nesta ocasión teña unhasconsecuencias devastadoras.
 
En UNICEF calculamos que11 millóns de nenos poderían sufrir os efectos de'O Neno' en África oriental e meridional. Ademais, este fenómeno xa está a causar graves secas e inundacións en zonas de Asia, oPacífico e América Latina.
 

o NenO  PROLONGARase DURANTE OS PRIMEROS MESES DE 2016

As malas colleitas e a falta de acceso a auga potable serán o día a día de moitos nenos que, se non reciben o apoio necesario para afrontalos, sentirán as consecuencias durante toda a súa vida. Adesnutrición e as enfermidades mortais converteranse nunha ameaza constante nas súas vidas.
 
Espérase que ofenómeno "O Neno" se prolongue durante os primeiros meses de 2016, pero xa está a deixar millóns de afectados en países en desenvolvemento. A maioría destes países dependen de actividades como a pesca ou aagricutura, moi sensibles aos desastres climatolóxicos.
 
Cando as condicións meteorolóxicas privan ás comunidades dos seus medios de subsistencia, os nenos pequenos adoitan sufrir desnutrición, o que agrava o risco de contraer enfermidades, atrasa odesenvolvemento mental e causa morte prematura. 
 

o NenO CASTIGA A PAÍSES QUE adoitaN SUFRIR AS CONSECUENCIAS Do CAMBIO CLIMÁTICO

"Os nenos e as súas comunidades necesitan a nosa axuda para recuperarse dos efectos de 'O Neno' e para prepararse ante as posibles consecuencias que podería provocar", dixo o director executivo de UNICEF, Anthony Lake.
 
Os fenómenos do Neno non están causados directamente polo cambio climático, pero os científicos cren que o quecemento global si que fai que os seus efectos sexan cada vez máis graves. Ademais, moitos dos países que están a sufrir os efectos de 'O Neno' son os que habitualmente sofren as consecuencias do cambio climático. 
 
Por iso, a 21ª Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático, que se celebra en París entre o 30 de novembro e o 11 de decembro, é moi importante. Nela, os líderes mundiais tratarán de chegar a un acordo universal e vinculante para limitar o quecemento globalmediante a redución de emisión de gases de efecto invernadoiro