Millóns de nenos necesitan axuda de emerxencia
UNICEF presentou o seu documento Acción Humanitaria para a Infancia 2013 (HAC nas súas siglas en inglés) que recolle as necesidades humanitarias de millóns de nenos en 45 países afectados por situacións de emerxencia.
O HAC tamén recolle as necesidades de financiamento de UNICEF para facer fronte ás necesidades vitais inmediatas destes nenos que sofren as consecuencias de conflitos, desastres naturais e outras emerxencias complexas. "Aínda estamos no primeiro mes de 2013, que xa demostrou ser duro para millóns de nenos que sofren en Sirya e para os refuxiados que tiveron que fuxir a países veciños. Malí e a República Centroafricana tamén están a experimentar un empeoramento do conflito que ameaza as vidas de nenos e mulleres ", afirmaTed Chaiban, Director da Oficina de Programas de Emerxencia de UNICEF. "Osnenos son extremadamente vulnerables en situacións de emerxencia, a miúdo viven en condicións insalubres e inseguras, con alto risco de enfermidades, violencia, explotación e abandono. " "A complexa situación de emerxencia na que se encontra Sirya centra unha parte importante da resposta global de emerxencia de UNICEF", dixoChaiban. "Pero tamén estamos a apoiar os nenos que se encontran en situacións de emerxencia moi complicadas e esquecidas en todo o mundo. "
Fortalecer a capacidade de resistencia das comunidades
O chamamento analizado en Acción Humanitaria para a Infancia 2013 inclúe países que a diario vemos destacados en medios de comunicación xunto a outros moitos []
países que reciben menor atención mediática como Chad, Colombia, Etiopía, Filipinas, Somalia e Iemen, pero que tamén requiren atención e asistencia de xeito urxente.
Os fondos solicitados, 1.400 millóns de
dólares (máis de 1.050 millóns de euros), tamén se
destinarán a mellorar a preparación ante desastres, e ao
fortalecemento da capacidade de resistencia das comunidades para
facer fronte e minimizar o impacto de novas crises.
Os 45 países e rexións para os que se solicitan fondos son
prioritarios debido á magnitude da crise que sofren, a
urxencia do seu impacto en nenos e mulleres, así como pola
complexidade e capacidade do traballo de resposta.
As contribucións que se realicen este ano permitirán a UNICEF consolidar o traballo desenvolvido o ano
pasado.
Resultados en emerxencias 2012
Estes son algúns dos resultados obtidos en emerxencias ata outubro de 2012:
- Saúde: 38,3 millóns de nenos vacinados.
- Auga, saneamento e hixiene: 12,4 millóns de persoas tiveron acceso a auga para beber, cociñar e bañarse.
- Educación: 3 millóns de nenos tiveron acceso a mellores recursos de ensino.
- Protección da Infancia: 2,4 millóns de nenos recibiron servizos de protección infantil.
- Nutrición: 2 millóns de nenos foron tratados contra a desnutrición severa e aguda.
- VIH e SIDA: 1 millón de persoas tiveron acceso aos servizos de análise, asesoramento e derivación para tratamento.
En 2012, debido á falta de fondos nalgúns países como Madagascar e Colombia non se puideron cubrir moitas necesidades. En moitos países, a falta de acceso ou de seguridade e as limitacións dos colaboradores son impedimentos importantes para poder prestar asistencia humanitaria. "As contribucións que se realicen tras este chamamento son unimportante investimento nos nenos e o seu futuro", dixo Chaiban. "UNICEF busca recursos que non vaian para programas específicos xa que así a organización poderá responder ante as emerxencias que carecen de financiamento abondo ou cando as necesidades sexan maiores, aplicando solucións innovadoras a situacións complexas, e integrando a recuperación temperá en emerxencias de gran magnitude - moitas das cales se producen en varios países ao mesmo tempo. "