Montblanc e UNICEF: acceso a unha educación de calidade para miles de nenos

A empresa alemá Montblanc comprometeuse a doar un mínimo de 1,5 millóns de dólares (máis de 1,14 millóns de euros) para apoiar programas de UNICEF destinados á educación dos nenos máis vulnerables de todo o mundo.

Por cada unidade da edición 2013 da colecciónSignature for Good vendida entre o 1 de marzo de 2013 e o 31 de marzo de 2014,Montblanc entregará parte dos seus beneficios para as iniciativas Escolas para África e Escolas para Asia, e outrosprogramas en América Latina."O noso obxectivo foi crear unha colección que non só resultase atractiva polo seu deseño, estilo e un traballo artesanal de gran calidade, senón que houbese un obxectivo aínda superior que fose a cambiar as cousas de verdade", sinalou o Presidente de Montblanc International, Lutz Bethge.

ESCoLAS AMIGAS DA INFANCIA

O traballo de UNICEF en educaciónarticúlase a través do modelo de Escolas Amigas da Infancia, isto é, centros pensados para os nenos, que lles proporcionan un ámbito protexido e seguro no que poder aprender e xogar. Estas escolas ofrecen aos nenos: auga, saúde, alimentación e instalacións sanitarias axeitadas.


Uns 61 millóns de nenos e nenas en todo o mundo non van á escola e outros tantos reciben unha educación discontinua ou deficiente.


Montblanc apoiou a UNICEF dende 2004 e conseguiu máis de 5 millóns de dólares (3,82 millóns de euros) para osprogramas de educación de UNICEF grazas a varias iniciativas internacionais.