A mortalidade materna descende un 45% dende 1990

289.000 mulleres morreron en 2013 como consecuencia de complicacións do embarazo e o parto. É un 45% menos que en 1990, cando se rexistraron 523.000 mortes, segundo os novos datos de Nacións Unidas.

 

O estudo Causas xerais das defuncións maternas: análise sistemática realizada pola OMS, conclúe que máis dunha cada catro defuncións maternas son provocadas por afeccións preexistentes como a diabete, a infección poloVIH, o paludismo e a obesidade, cuxos efectos para a saúde se poden agravar, pola xestación. Esta proporción é similar á das mortes por hemorraxias graves durante o embarazo e o parto.

grandes avances en todo o mundo

Once países que presentabanniveis elevados de mortalidade materna en 1990 (Bhután, Cabo Verde, Cambodja, Eritrea, Guinea Ecuatorial, Maldivas, Nepal, República Democrática Popular Laos, Romanía, Ruanda e Timor-Leste) xa alcanzaron a meta dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) de lograr antes de 2015 unha redución do 75% na taxa de mortalidade materna rexistrada en 1990.

Non obstante, de acordo coas últimas tendencias, moitospaíses de ingreso baixo e de ingreso mediano non alcanzarán esa meta. África Subsahariana segue sendo a rexión do mundo onde as mulleres corren maior risco de morrer por complicacións do embarazo e o parto. "Unha moza de 15 anos que vive alí enfronta unha probabilidade de aproximadamente 1 entre 40 de morrer durante o embarazo e o parto nalgún momento da súa vida", afirma aDra.Geeta Rao Gupta, directora executiva adxunta de UNICEF. "Para unha moza da mesma idade que viva en Europa, a probabilidade é de 1 entre 3.300, o que pon de relevo adisparidade do progreso mundial,". Malia os avances dos últimos 20 anos, progresouse moi pouco na prevención dos embarazos de adolescentes, os abortos, as defuncións maternas, as infeccións de transmisión sexual e o VIH. Hai diferenzas considerables na dispoñibilidade e a calidade de servizos e educación integrais en materia sexual para os mozos, así como no acceso a eles, especialmente nos países de ingreso baixo.

a importancia dos sistemas sanitarios

Contar con sistemas sanitarios sólidos conpersoal de saúde, equipos e medicamentos axeitadosé fundamental para prestar servizos de atención de saúde de boa calidade que permitan salvar a vida de mulleres e nenos acabados de nacer. Segundo un estudo da OMS sobre as causas de máis de 60.000 defuncións maternas en 115 países, o28% das mortes foi provocado por afeccións preexistentes (como a diabete, o paludismo, a infección polo VIH e a obesidade) agravadas pola xestación. Outras causas foron a hemorraxia grave, a hipertensión xestacional, as infeccións, o parto obstruído, complicacións de abortos e coágulos sanguíneos.

a información salva vidas

En moitos países de ingreso baixo, as defuncións derivadas da maternidade non se contabilizan, e con frecuencia acausa de morte descoñécese ou non se asenta correctamente, en especial cando a muller morre no fogar.

Esta situación é congruente coas tendencias xerais a nivel mundial: só rexístrase un terzo do total das defuncións que se producen no mundo, e menos de 100 países consignan a causa de morte conforme á Clasificación Internacional de Enfermidades elaborada pola OMS. A raíz diso, moitas veces é difícil para os programas nacionais de saúde asignar os recursos alí onde máis se necesitan. Por este motivo, a Comisión de Información e Rendición de Contas sobre a Saúde Maternoinfantil das Nacións Unidas exhorta amedir mellor as defuncións maternas e infantís. Pide que "para 2015, todos os países tomasen osrecaudos necesarios para crear un sistema de rexistro de nacementos, defuncións e causas das defuncións".