Mozambique: unha vacina contra a pobreza

Mozambique, o terceiro país menos desenvolvido do mundo, conseguiu nos últimos 20 anos salvar a vida de 1,6 millóns de nenos. Unha das intervencións que contribúe a esta batalla pola supervivencia infantil é a inmunización. A cobertura dalgunhas vacinas como a do sarampelo pasou dun 39% a un 82% en pouco máis de dúas décadas neste país da África austral.

 

No informe presentado hoxe Unha vacina contra a pobreza: Mozambique, a axuda internacional e as políticas de inmunización, Gonzalo Fanjul analiza para UNICEF coa colaboración de ISGlobal, a contribución dos países doadores, o desenvolvemento dos programas de inmunización e investigación e os retos que o país afronta na actualidade. A inmunización está considerada como unha das intervencións máis eficaces, seguras e baratas para evitar enfermidades e mortes de nenos. Salva a vida de 2 millóns de nenos ao ano en todo o mundo.

a axuda contribúe a reducir a mortalidade infantil

Mozambique aínda depende da axuda externa para que os seus programas de saúde sigan en funcionamento: a axuda ao desenvolvemento supón aínda máis do 40% dos recursos

que xestiona o Ministerio de Saúde. España foi en 2008 o sétimo doador internacional en volume de recursos a Mozambique. Unha das súas liñas prioritarias de actuación foron os programas de saúde, que apoiou a través de organismos multilaterais, ONG e achega directa de fondos ao Ministerio. En 2013 España destinou a Mozambique unha terceira parte dos fondos que destinou en 2008.

"Nun mundo no que millóns de nenos conviven coa traxedia de ver morrer un fillo que podería terse salvado cunha vacina,a nosa obriga é actuar". O autor expón nas súas conclusións o compromiso ético dos países doadores e o retorno económico que os programas de inmunización e investigación teñen non só nos países en vías de desenvolvemento senón en problemas que nos afectan a todos.

Este estudo é o terceiro dunha serie de informes que ilustran como a Axuda Oficial ao Desenvolvemento contribuíu á redución da mortalidade infantil.