Murcia celebra o Día Universal do Neno

A Rexión de Murcia conmemora esta semana con distintos actos o Día Universal do Neno, o 20 de novembro, data que recorda a firma da Convención sobre os Dereitos do Neno (1989).

Con ocasión desta efeméride, tiveron lugar un ano máis as Xornadas de Formación de Voluntariado sobre os Dereitos da Infancia.Esta sétima edición contou coa presenza do Reitor Magnífico da Universidade de Murcia, José Antonio Cobacho, quen inaugurou o encontro xunto ao Presidente deUNICEF Comité Murcia, Francisco Artés, e a Coordinadora do Servizo de Atención á Diversidade e Voluntariado da Universidade, Ana Millán. Tamén asistiron colegas e expertos en infancia que informaron os estudantes participantes sobre a importancia do cumprimento dosdereitos da infancia en numerosos ámbitos: sanitario, educativo, xurídico, etc. Así mesmo, abordouse a eiva da desnutrición infantil e presentouse a campaña de UNICEF España Cumpledías.

A SER No COLExIO MARIANO AROCA

Con motivo do 20 de novembro, Cadea Ser-Radio Murcia preparou un programa especial no Colexio Mariano Aroca de Murcia. Todo o centro educativo, alumnos, profesores e equipo directivo quixeron celebrar o Día Universal do Neno coa emisora e organizando numerosas actividades conmemorativas. Cadea Ser preparou un programa especial, montando un estudo no patio do colexio para desenvolver un programa de dúas horas de duración sobre os dereitos da infancia.Todos os alumnos e docentes acudiron vestidos cunha peza branca e portaban un cartel cos días que cumprían o 20 de novembro, participando así na campaña de UNICEFEspaña Cumpledías, coa que se pretende sensibilizar a poboación sobre os nenos do mundo que non chegan a cumprir anos debido á desnutrición infantil.Todo o colexio estaba decorado con murais, pancartas e pósteres sobre os dereitos da infancia. Cada curso repartiuse un grupo de dereitos para debater na aula e elaboraron cancións, poesías, contos, debuxos, dramatizacións e mensaxes solidarias que contaron en directo aos oíntes. Ao longo do programa de radio recibíronse as visitas de varios tertulianos, pais, profesores, representantes de UNICEF e deportistas do Real Murcia CF, ElPozo FS eUCAM CBMurcia, quen ademais de falar en directo, compartiron un anaco cos nenos do centro. Para finalizar a xornada de radio, todo o colexio se puxo de pé para cantar Eu teño dereito a xogar de Cantajuego.