Nace a web 'Unha escola con dereitos': recursos e orientacións para a educación en dereitos
UNICEF Comité Cataluña ofrece dende este 2014 un novo recurso virtual con orientacións e exemplos sobre como avanzar na incorporación de dereitos na práctica educativaXa está dispoñible a páxina web do programa Una escola amb drets (Unha escola con dereitos), que UNICEF Comité Cataluña vén desenvolvendo dende 2011 co obxecto de fortalecer as capacidades dos actores da comunidade educativa para que os dereitos da infancia se coñezan e se vivan na escola.
A web está estructurada en varias seccións que conteñen os documentos xerados e a información que se foi sistematizando dende o inicio do proxecto. Así, hai un espazo dedicado aos informes realizados no marco do proxecto e outros que albergan os recursos educativos, as boas prácticas e asreferencias bibliográficas e páxinas web de interese.A plataforma responde á necesidade de facilitar atarefa pedagóxica nesta temática, tal como se detectou na investigación inicial do proxecto. O diagnóstico tamén puxo de relevo o descoñecemento que existe da Convención sobre os Dereitos do Neno por parte do profesorado e das familias, así como a débil conciencia a nivel institucional da obrigatoriedade de tomar en conta o enfoque de dereitos como guía para a función educativa. A falta e á vez demanda de formación en dereitos humanos da infancia motivou o deseño e elaboración dun cursoonline para o profesorado, do cal se impartiron as dúas primeiras edicións en 2013 a través da aula virtual da FundaciónPere Tarrés. Neste sentido, a nova web complementa esa formación ao facilitar propostas didácticas sobre temáticas relacionadas cos contidos e valores que promulga a Convención. Para iso realizouse unha selección de recursos existentes e clasificáronse por niveis e tipoloxía de dereitos. Por outro lado, utilizando os criterios definidos para o modelo dunha escola con dereitos como parámetros, recompiláronse experiencias de centros educativos comoprácticas de referencias na promoción dos dereitos. Conforman o contido dunha das seccións da páxina web e preténdese que os propios centros publiquen as súas propostas para ir nutrindo este banco de recursos.