Nenos nados en conflito: 87 millóns de nenos só coñecen a guerra
O primeiros sete anos de vida dun neno definirán o seu futuro: como será a súa saúde, o seu benestar emocional e a súa capacidade de aprendizaxe de adulto.
Hoxe sabemos que máis de86,7 millóns de nenos menores de sete anos pasarontoda a súa vida nunha zona asediada por unconflito, un factor que afectará o seudesenvolvemento cognoscitivo, social e físico para
o resto dos seus días.
"Ademais das ameazas
físicas inmediatas que afrontan os nenos durante estas
crises, corren tamén o risco de sufrir profundas cicatrices
emocionais", valorou a responsable de UNICEF para o
desenvolvemento na primeira infancia, Pia Britto.
En todo o mundo, 1 de
cada 11 nenos de 6 anos ou menos pasou nunha situación de
conflito a época da súa vida máis importante para o desenvolvemento
do seu cerebro.
Os conflitos privan aos nenos da
súa seguridade, da súa familia e
dos seus amigos, do xogo e darutina. "Trátase dos elementos da infancia que
ofrecen aos nenos as mellores oportunidades posibles de
desenvolverse completamente e de aprender de maneira eficaz, o que
lles permitirá participar na economía e na sociedade, e crear
comunidades sólidas e seguras", explicou Britto.
NenOS NADOS EN CONFLITO: é NECESARIO INVEsTIR MÁiS NA INFANCIA
Por todo iso, debemosinvestir aínda máis para proporcionar aos nenos e
ás coidadoras subministracións e servizos indispensables, comomateriais pedagóxicos, apoio psicosocial eespazos protexidos.
No marco das nosas intervencións
en situacións de emerxencia humanitaria e crises prolongadas, desde
UNICEF tratamos de manter aos nenos en espazos amigos da
infancia, ofrecéndolles kits de
emerxencia con materiais pedagóxicos e recreativos. Só en
2015, os nosos kits de emerxencia axudaron a máis de
800.000 nenos.