Nixeria: máis de 1,4 millóns de nenos foxen da violencia
Os ataques de Boko Haram intensifícanse en Nixeria, o que obrigou a 500.000 nenos a fuxir das súas casas nos últimos 5 meses. En total, 1,4 millóns de nenos atópanse nesta situación no nordés de Nixeria e os países veciños.
"Cada un destes nenos fuxindo
para salvar a súa vida é unha infancia truncada",
dixo Manuel Fontaine, director rexional de UNICEF para África
Occidental e Central.
"É verdadeiramente alarmante ver
que os nenos e as mulleres seguen sendo asasinados,
secuestrados e utilizados para transportar bombas."
Desde UNICEF, xunto a gobernos e
outras organizacións, estamos a estender as nosas operacións paraaxudar aos miles de nenos e familias afectados
pola violencia, cuxas vidas corren serio perigo. Mostrámosvos un
resumo do noso labor nesta crise no que vai de
2015:
- Máis de 315.000 nenos foron vacinados contra o sarampelo.
- Máis de 200.000 persoas recibiron acceso aauga potable.
- Case 65.000 nenos desprazados e refuxiados tiveron acceso a educación e poden continuar a súa aprendizaxe grazas á entrega de material escolar
- Case 72.000 nenos desprazados recibironasesoramento e apoio psicosocial.
- Case 65.000 nenos menores de 5 anos recibiron tratamento para a desnutrición aguda grave.
Con todo, poderiamos facer moito
máis se recibísemos máis fondos. Até o momento, só cubríronse o32% dos 44,4 millóns de euros necesarios para dar
resposta humanitaria na rexión. Debido á falta de fondos, máis de124.000 nenos non recibiron a vacina
contra o sarampelo, máis de 83.000 seguen
sen ter acceso a auga potable e máis de208.000 non van ao colexio.
"Con cada vez máis refuxiados e
sen os recursos suficientes, a nosa capacidade paraproporcionar asistencia no terreo está a verse
seriamente comprometida", dixo Fontaine. "Se non se recibe máis
apoio, centos de miles de nenos quedarán sen acceso a
servizos sanitarios básicos, auga potable eeducación".