Nixeria: os servizos ambulatorios salvan as vidas dos nenos con desnutrición
Estímase que máis de 220.000 nenos de Nixeria sofren desnutrición aguda grave, o que pon en risco as súas vidas.
Como resposta a esta
situación, estase a levar a cabo unha estratexia integrada
de saúde, que recibe o apoio de UNICEF, denominada Xestión comunitaria da
desnutrición aguda, a través da cal miles de nenos
reciben tratamento en centros terapéuticos
ambulatorios.Nestes centros pésase aos nenos, proporciónaselles
medicinas e alimento terapéutico. Ademais,adminístraselles as vacinas que non recibiron.
Ata agora, o programa tratou 16.000 nenos menores de 5
anos e preténdese chegar a 31.000 no Estado deKatsina. O programa
considérase un modelo para a rexión.
"Cun 20% da poboación menor de 5 anos, este tipo de
estratexias integradas son fundamentais", afirmaIbrahim Lawal Dankaba, o Representante
do goberno local, cuxo equipo traballa en colaboración conUNICEF.
a historia de Saidu
Un de cada sete nenos non logra sobrevivir os seus cinco primeiros anos de vida en Nixeria. Saidu ten 10 meses e sofre desnutrición grave. Pasará as próximas oito semanas no programa e os traballadores locais comunitarios da saúde garantirán que a súa nai acuda con el ao centro terapéutico ambulatorio para as visitas rutineiras.UNICEF trata de ampliar a escala destes proxectos no norte, pero a falta de financiamento está a limitar estes esforzos.
Promover a lactación materna para loitar contra a desnutrición
Neste centro infórmaselles as nais sobre a importancia da lactación materna exclusiva durante os primeiros seis meses da vida dun neno para previr a desnutrición. Non obstante, as tradicións locais fomentan que as mulleres alimenten os seus fillos tamén con auga, a pesar de que o acceso á auga potable é moi limitado.