No medio do conflito, UNICEF amplía os esforzos para lograr que os nenos sirios volvan á escola
Mentres o novo ano escolar comeza en Sirya, moitos nenos enfróntanse a retos extraordinarios para poder continuar coa súa educación. En tres anos, o conflito deixou unhas 4.000 escolas (case unha de cada cinco) danadas, destruídas ou convertidas en refuxio para familias desprazadas no interior do país.
casi 2 millóns de nenos sirios abandonaron a escola
Dende o último ano escolar, case dous millóns de nenos sirios entre 6 e 15 anos abandonaron a escola debido ao desprazamento e a violencia. UNICEF, co Ministerio de Educación e outros aliados en Sirya, está a apoiar unha campaña de volta á escola cuxo obxectivo é chegar a un millón de nenos en idade escolar de primaria afectados polo conflito.
"Esta campaña ten como
obxectivo aumentar a inscrición dos nenos que se encontran
desprazados no interior do país cuxa educación se
viu interrompida, nalgúns casos por terceiro ano
consecutivo," dixo Youssouf
Abdel-Jelil, representante de UNICEF en Sirya. "É vital para o benestar dos
nenos, así como para o futuro da sociedade, apoialos no seu regreso
aos estudos".
OS NenOS sirios QUE NOn PoiDAN IR á ESCoLA RECIBIRÁN UN PROGRAMA DE AUTO-APRENDIZAxE
Ademais,UNICEF proporciona 5.000 kits de aprendizaxe, 3.000 kits de ocio e recreo e 800 de educación infantil.
As comunidades están a recibir mensaxes a través dos medios de comunicación, paneis publicitarios, carteis e folletos sobre o inicio do ano escolar para animar os nenos a que retomen a súa educación.
Este ano,UNICEF emprenderá un programa innovador para chegar a ao redor de 400.000 nenos afectados polo conflito que non poden asistir á escola. Estes nenos serán apoiados a través dun programa de auto-aprendizaxe no fogar.
fan falta máis fondos
Para facilitar o acceso á educación a máis nenos dentro de Sirya é necesario un maior apoio económico. Do chamamento global de UNICEF de 110 millóns de dólares para o traballo dentro de Sirya, recibíronse 16 millóns, dos 33 millóns solicitados para educación.
Calquera persoa pode colaborar enviando unha mensaxe de texto coa palabraUNICEF ao 28028, ou realizando un donativo a través da web: www.unicef.es/siria