Non podemos deixar a Haití a medio camiño
Post publicado no blog 3500 Millóns de El País.
Diana Valcárcel, Coordinadora de Proxectos de Comunicación. UNICEF España
2011, 2012 y 2013. Volvo contar cos dedos da miña man porque me impresiona pensar que pasaron tres anos do terremoto que azoutou Haití.
Aquel 12 de xaneiro de 2010, como calquera mañá, cheguei á oficina e baixando a escaleira unha compañeira díxome: "Houbo un terremoto brutal en Haití". Un mes despois aterrei en Porto Príncipe enviada por UNICEF para dar apoio á nosa oficina.
Brutal era a palabra
máis axeitada. O primeiro día que percorrín a capital, presenciei o
azoute da natureza e a unha poboación desoladapola perda de máis de 220.000 irmáns, fillos, pais, primos, avós,
veciños. O golpe caeu ademais nun dos países máis pobres do
mundo que entón ocupaba o posto 145 dos 169 doIndice de Desarrollo Humano. Unha
pequena illa caribeña de 9,9 millóns de habitantes que no pasado
foi "a perla do Caribe" e o primeiro país de América en abolir a
escravitude.
Fun testemuña privilexiada dunha marea de humanidade e
solidariedade en España e en Haití. O goberno español foi
o terceiro doador bilateral a nivel internacional e as
organizacións españolas recibimos unha resposta
excepcional dos cidadáns. En Haití a poboación, os meus
compañeiros de traballo, os cooperantes de distintas organizacións,
os grupos de líderes dos campamentos de desprazados e todo o que
tivera saúde para facelo, traballabamos día e noite no medio dunha
marea de entullos, desolación e algunha que outra réplica
nocturna.
Coñecín a Jeanne unha
mañá de calor sufocante. Chegamos á súa tenda de campaña nun de
tantos campamentos improvisados en PortoPríncipe. Estaba embarazada de 6
meses. Sentámonos sobre un colchón e en bágoas díxonos: "Morréronse
o meu pai e o meu marido, estou embarazada, a miña casa derruíuse.
Teño VIH e perdín as miñas medicinas".
Visitamos a Jeanne con SEROvie, unha
organización haitiana que tras o terremoto se ocupaba de asegurar
que as persoas seropositivas dispuxesen do tratamento
necesario.
Mantiven o contacto con Jeanne (nome ficticio para protexer a súa intimidade) ata hoxe. Dende a distancia anuncioume onacemento da pequena Lory, a boa nova de que estabalibre do virus grazas ao tratamento que non interrompeu, os primeiros pasos que deu a nena e hai uns días a noticia de que en setembro irá á escola.
Lory é unhapequena vitoria que mostra os froitos da axuda humanitaria e a resposta dos doadores.
Despois de tres anos
de intenso traballo en Haití, hai algúns datos que nos falan deprogresos: a desnutrición aguda entre os
menores de 5 anos reduciuse á metade, o 77% dos nenos asiste áescola primaria, o acceso a servizos
mellorados de saneamento duplicouse.
Non obstante, é innegable que a situación no país é débil:358.000 persoas viven aínda en campos de
desprazados, unha gran parte da poboación rural -a
máis vulnerable- ten un acceso limitado a servizos
básicos, altas taxas de desemprego, osoutros desastres naturais que afectaron á illa ou
a ameaza da cólera. Haití necesita aínda oapoio e o compromiso da comunidade
internacional para consolidar os avances e abordar os
retos actuais.
Non podemos deixar o país a medio camiño. Por
xustiza e por non perder o esforzo, o investimento e o traballo
realizados ata agora pola sociedade haitiana e os países
doadores.
Na súa última comunicación hai uns días, Jeanne dábanos un exemplo diso: "Ata a data non
encontrei traballo. O meu alivio sería encontrar un emprego. Espero
o día propicio, Diana. Non se me esquece a axuda que me destes
despois do sismo e que me permitiu ter un lugar estable onde vivir
con Lory. Prometo enviarche unha foto
súa moi pronto".
Nota:
UNICEF continúa o seu traballo de
reconstrución en Haití para asegurar que todos os nenos e nenas do
país teñan unha vida digna e segura. Gustaríanos seguir contando
contigo para que sexa unha realidade:
https://www.unicef.es/cooperacion-internacional/donar-ong/hacer-donacion/reconstruccion-de-haiti