A nova campaña de ING 'Lúa' invita a dar a volta á realidade da educación infantil

Co teu donativo un neno poderá ir á escola durante todo un ano, en países como Zambia, Etiopía, India e Brasil.

ING DIRECT creou a campaña solidaria Lúa unha historia á que podes darlle a volta cando queiras, a favor da educación dos nenos.

 

Trátase dunhainiciativa interactiva multiplataform o banco quere coa que felicitar o Nadal aos seus clientes e, un ano máis, conseguir fondos a prol dosprogramas deeducación de UNICEF. O obxectivo é axudar a que millóns de nenos poidan ir aocolexio en países como Zambia, Etiopía, India e Brasil.No mundo hai aproximadamente 61 millóns de nenos e nenas que non van á escola. Trátase dunha orixinal proposta coa que o banco quereanimar os internautas a que sexan eles os que, literalmente, dean a volta á realidade de moitos nenos sen escolarizar facendo un xesto tan sinxelo como xirar o seuteléfono móbil. A campaña esténdese ata finais de xaneiro entrando na web onde se conta a historia de dúas viaxes, que simbolizan a vida dun neno, e axudan a entender de xeito moi gráfico como a educación pode cambiar a vida dos máis pequenos. Os participantes que o desexen poderán realizar unha doazón a UNICEF polo importe que elixan a través da web de INGDIRECT. Por cada 30 € doados, un neno poderá ir á escola durante todo un ano.
      

CaMPAÑA DE ING 'LúA', o poder transformador da educación

"Cremos no poder transformador daeducación e en como os pequenos xestos poden supoñer un gran cambio. Isto é precisamente o que quixemos representar coa campaña deste ano", afirma Almudena Román, directora xeral de ING DIRECT España, "Dende ING DIRECT queremos contribuír a dar a volta á historia de miles de nenos que, sen a nosa axuda, non poderían facer realidade os seus sonos e o mellor xeito de facelo é colaborar para que poidan ir áescola". Esta campaña do Nadal enmárcase dentro do programa ING Chancesfor Children, que o Grupo ING e UNICEF Comité Español veñen desenvolvendo conxuntamente nivel mundial dende o ano 2005. Este acordo de colaboración ten comoobxectivo traballar polo dereito á educación de nenos en países como Zambia, Etiopía, India e Brasil e, dende a súa posta en marcha, xa logrou a escolarización de máis de 780.000 nenos en situación de risco e explotación laboral, grazas á solidariedade dos clientes e ao traballo dos profesionais do grupo. Esta nova iniciativa solidaria do banco está dispoñible a través dewww.unahistoriaquedalavuelta.com