Novak Djokovic, novo Embaixador de Boa Vontade de UNICEF
En UNICEF temos un novo Embaixador de Boa Vontade. O tenista número un do mundo, Novak Djokovic, incorporouse á lista de personalidades que prestan a súa voz para defender os dereitos dos nenos dende a nosa organización.
Antes deste nomeamento, Djokovic xa
contaba cunha traxectoria de peso no traballo coa infancia
máis vulnerable, como demostra a súa etapa de Embaixador
de UNICEF Serbia
ou o labor da fundación que leva o seu nome.
"Novak
Djokovic é
un auténtico defensor dos nenos en todo o mundo",
dixo Yoka
Brandt,
directora adxunta de UNICEF no
acto de presentación do novo Embaixador de Boa Vontade. Demostrou
que unha voz potente, xunto a accións potentes, poden supoñer unhagran diferenza para os nenos, especialmente cando
son moi pequenos, engadiu.
Dende que o tenista comezou a colaborar
con UNICEF Serbia
en 2011, non deixou de impulsar melloras
na vida dos nenos, especialmente a daqueles máis
vulnerables. Ademais, Djokovic mostrou
sempre un grande interese pola educación dos nenos máis
pequenos.
novak djokovic: "os primeiros anos de vida son cruciais"
"Os primeiros anos de vida son cruciais. Cando os nenos reciben a
educación e os coidados adecuados na súa primeira etapa, teñen máis
probabilidades de sobrevivir, de crecer de
xeito san, de ter menos enfermidades, de desenvolver
capacidades creativas, comunicativas, emocionais e
sociais, así como de converterse en cidadáns de
éxito na nosa sociedade,"
recordou Djokovic no
evento do seu nomeamento.
Novak xa
conseguiu mellorar a vida de moitos nenos. Como Embaixador
de UNICEF Serbia,
visitou moitas gardarías e escolas
infantís para comprobar a importancia de impulsar aaprendizaxe na primeira infancia. Grazas ao seu
apoio e o da súa fundación, os nenos máis vulnerables
de Serbia gozan
dunha educación preescolar máis inclusiva e
flexible.
A Fundación Novak
Djokovic tamén
financiou un innovador servizo de UNICEF Serbia cuxo
obxectivo era conectar con familias de zonas urbanas. Tivo tanto
éxito que agora está integrado no sistema de protección
infantil serbio.
O compromiso do tenista coa infancia máis vulnerable impulsounos a
propoñerlle este nomeamento. Djokovic únese
así á lista de entregados Embaixadores de Boa Vontade que forman ou
formaron parte de UNICEF,
como Danny
Kaye, Audrey
Hepburn, David
Beckham, Harry
Belafonte, Orlando Bloom, Katy
Perry, Sir
Roger Moore, Shakira, Maxim
Vengerov ouSerena Williams,entre outros.