Novo terremoto en Nepal: "pensamos nos nenos que xa sufriron tanto"

E a terra volveu tremer en Nepal. Dúas semanas e media despois do terremoto no que morreron máis de 8.000 persoas, un novo sismo de 7,3 graos sacudiu hoxe o país asiático.

En UNICEF estamos moi preocupados pola seguridade dos case 3 millóns de nenos afectados polo primeiro terremoto. Os nosos compañeiros en Nepal cóntannos que todo o mundo está na rúa. Todos moi asustados.

"Foi un terremoto enorme. A terra non deixaba de moverse. Estamos a pensar nos nenos, que xa sufriron tanto", conta Rose Foley, unha das nosas expertas de comunicación en emerxencias que nestes momentos se encontra na capital, Katmandu.

"Outro terremoto. Tremendo. Temos máis vítimas e danos en zonas xa afectadas", narra na súa
conta de Twitter Virginia Pérez, responsable de protección de infancia de UNICEF Nepal.

O sismo ten sorprendido ao noso compañeiro Kent Page mentres gravaba imaxes da destrución das escolas, que pon en perigo a volta ao cole, prevista para este venres. Estabamos dentro cando se produciu o terremoto, daba moito medo. Todos corremos e saímos ao patio. Pensabamos que o edi
ficio ía caer pero, despois duns minutos axitándose, o movemento detívose", cóntanos.

NoVO TERREMOTO EN NEPAL: OS RIScOS PARA OS NenOS  MULTIPLíCANse

O primeiro terremoto xa estaba a ter unhas consecuencias desvastadoras para os nenos de Nepal. Agora, estas consecuencias poderían agravarse aínda máis. Con este novo terremoto, os riscos para a infancia multiplícanse.

É moi importante seguir asegurando o acceso a auga potable e saneamento para evitar os brotes de enfermidades. E é vital protexer os nenos, que están a revivir os traumas dun primeiro terremoto que en moitos casos lles deixou sen casas e sen escolas.

En UNICEF xa estamos a traballar para avaliar os danos deste novo terremoto. E sabemos que imos necesitar axuda, moita axuda para atender aos nenos de Nepal.

Se podes, doa. Nepal sofre de novo.