"Nunca imaxinei que as novas tecnoloxías poderían axudar a salvar a vida de miles de nenos"
Por Silvia Llorens, Responsable de Herdanzas e Legados de UNICEF España
Carlos é un directivo dunha empresa de Barcelona que, entre aeroporto e avión, entre comprimido, teléfono móbil e portátil, aproveita o tempo grazas ás novas tecnoloxías. "Sempre estou conectado", comenta.
É unha persoa sensible e moi familiar. Moitas veces vese obrigado a madrugar polas súas viaxes de negocios, pero sempre busca o xeito de volver á casa pronto para poder deitar os seus fillos.
Carlos escribiunos para felicitarnos polo acordo
ao que chegara UNICEF España conTestamenta. Grazas a este,a mesma tecnoloxía que moitas veces chegaba a odiar, íalle
servir para axudar a moitos nenos no futuro.
Foi nunha das súas longas
estanzas na sala de espera dun aeroporto cando, vendo no xornal
imaxes de nenos afectados polo conflito en Sirya, pensou na sorte
que tiveran os seus nenos de nacer onde o fixeran e de ter a
familia que tiñan. Pensou que o mundo estaba inxustamente mal
repartido e que tiña que facer algo. Quería deixar parte da
súa herdanza a UNICEF e deixar tamén
cubertos os seus fillos e a súa muller. Tiña que facer
testamento, e a falta de tempo facíao ir atrasándoo.
Ao día seguinte, en Madrid, buscou un oco a primeira hora da mañá e puido ir a asinar a notaría que Testamenta lle buscara preto do hotel onde se aloxaba. O notario estábao a esperar co mesmo documento que unhas horas antes validara por correo electrónico.
Aquel día, Carlos, xa de volta a Barcelona, chegou pronto á casa e deitou os seus fillos... e contoulles que no futuro faría felices moitos nenos grazas a UNICEF e coa axuda das novas tecnoloxías.