O apoio de José Manuel Calderón á emerxencia do Corno de África
O Reto AFRICA de José Manuel Calderón conseguiu 18.175,4 euros. O xogador da Selección Española de Baloncesto elevou a cifra correspondente aos seus rebotes, asistencias e puntos nos partidos de preparación do Eurobasket, facendo unha doazón final de 8.447,4 euros. A través de SMS, miles de persoas achegaron un total de 8.898 euros e 830 a través de doazóns.
A iniciativa púxose en marcha o 15 de agosto co obxectivo de sumar apoios para o traballo de UNICEF no Corno de África. José Manuel Calderónfixouse un reto segundo o cal realizaría unha doazón de cen euros por cada un dos seus puntos, asistencias ou rebotes nos partidos de preparación do Eurobasket. O reto estaba aberto á participación de todo o mundo a través do envío deSMS e a través das distintas formas de colaboración que se poden consultar nesta web.