O aumento da violencia en República Centroafricana provoca máis mortes de nenos
Cada vez hai un maior número de nenos asasinados ou feridos en lugares como zonas de xogo ou igrexas, debido ao aumento da violencia en República Centroafricana.
UNICEF fai unchamamento a todos os grupos armados a deter as accións que están a poñer en perigo as vidas de civís."Os nenos están atrapados polo lume cruzado nas súas actividades diarias, cando xogan ao fútbol ou van á igrexa. Isto é excesivo" dixo Souleymane Diabate, Representante de UNICEF en República Centroafricana. "Hoxe por hoxe, quedan cada vez menos sitios seguros para os nenos en República Centroafricana. "
os nenos centroafricanos, en máis risco que nunca
Tres semanas despois de que a alianza rebeldeSeleka se fixese co poder mediante un
golpe de estado aumentou a inseguridade e
rexístranse máis saqueos e violencia que puxeron as vidas dos nenos
centroafricanos en máis risco que nunca.
Dende que comezaron os novos enfrontamentos a finais de marzo, moitos nenos foron vítimas de tiroteos, mentres outros foron recrutados por grupos armados. Tamén se confirmou que houbo un aumento de casos de violencia sexual.
"Estamos a ver como o país se dirixe rapidamente a unha espiral de caos que ameaza as vidas de máis nenos" dixo Diabate. "A violencia contra os nenos debe deterse. Estes actos nos que persoas inocentes son asasinadas ou resultan feridas deben ser investigados inmediatamente polas autoridades que se encontran no poder".
Grave escaseza de equipamento sanitario
Dende o pasado venres, os enfrontamentos que teñen lugar
na capital, Bangui, cobráronse
as vidas de polo menos tres nenos, provocando 25 feridos, catro
deles en condicións críticas.
A semana pasada,UNICEF distribuíu kits cirúrxicos de emerxencia, equipamento sanitario e medicinas en 15 centros de saúde, catro hospitais e unha clínica materna enBangui e arredores. Os nenos feridos a semana pasada recibiron atención médica de emerxencia grazas ás subministracións de UNICEF.
Aínda así, hai unha grave escaseza de subministracións cirúrxicas e de doutores e enfermeiros cualificados no país mentres a inseguridade continúa impedindo o acceso humanitario a gran parte do país.
UNICEF fai un chamamento á comunidade internacional para achega urxentemente os fondos humanitarios necesarios e comprométase a promover os esforzos necesarios para resolver o conflito e así deter inmediatamente a violencia antes de que o país se afunda nunha total anarquía e borre calquera esperanza de futuro para os nenos de República Centroafricana.