O cambio climático ameaza os nenos
O furacán Sandy provocou que cada vez máis persoas culpen o cambio climático deste tipo de catástrofes. Mentres tanto, un recente informe de Nacións Unidas alerta de que o mundo está cada vez máis lonxe de cumprir os compromisos para combater o cambio climático. Neste contexto, máis de 200 gobernos están reunidos en Doha, Qatar ata o 7 de decembro na Conferencia de Nacións Unidas sobre Cambio Climático.
os nenos denuncian o futuro que van herdar
Nesta situación, os
máis afectados son os nenos, tal e como sostén a Directora da
Coalición de mozos para o clima de Nixeria, Esther Agbarakwe: "Con demasiada frecuencia, os
adultos senten que teñen o monopolio do coñecemento sobre temas
como este. Pero agora estamos a ver como son os nenos os que están
a chamar a atención para crear conciencia sobre como lles está a
afectar o cambio climático". Denuncian o aumento da
desnutrición, as enfermidades, o desprazamento e as
migracións, así como o aumento da pobreza. E denuncian o
futuro que van herdar.
Mentres tanto, o informe Stern
Review: The economics ofclimate change estima que o resultado da inacción
actual sería "catastrófico" e podería "crear riscos de graves
alteracións na actividade económica e social, máis adiante neste
século e no seguinte, nunha escala similar ás asociadas coas
grandes guerras e a depresión económica da primeira metade do
século XX".
"Isto é só a punta do iceberg - o futuro vai ser extremo, máis alá
da nosa imaxinación", di o Responsable do Programa de Cambio
climático, Medio e Bosques do Instituto de Desenvolvemento de
Ultramar, Tom
Mitchell.
o cambio climático: un desafío contra o que hai que actuar xa
Os efectos do cambio climático pódense mitigar se se toman medidas de inmediato. Para o profesor Saleemul Huq, Investigador principal no Grupo de Cambio Climático no Instituto Internacional para o Ambiente e o Desenvolvemento, os países menos desenvolvidos son os máis proactivos neste tema. "Todos fixeron avaliacións de impacto sobre o cambio climático e os plans nacionais de adaptación, que moitos deles se están agora executando,". O cambio climático representa un desafío diferente a calquera que o mundo enfrontou, pero tamén unha oportunidade única para que millóns de persoas actúen realmente cunha misión común.