O ébola ameaza varios países
Un forte brote de ébola ameaza a Guinea, Liberia, Serra Leoa, Senegal, Costa de Marfil, Guinea-Bissau e Mali dende hai semanas.
O virus afecta principalmenteaos adultos e, especialmente, a aqueles que teñen contacto con persoas infectadas. Ademais é particularmentedesvastador para o persoal sanitario.UNICEF traballa en estreita colaboración cos seus aliados, incluíndo oMinisterio de Saúde e Cruz Vermella, para levar a cabo actividades deprevención e emerxencia en toda a subrexión. Así mesmo UNICEF entregoucinco toneladas de medicamentos, subministracións médicas e equipos ás zonas máis afectadas para protexer os nenos e as súas familias. Tamén se doaron materiais para a esterilización dos hospitais, así como xabón, cloro e luvas para os traballadores de saúde e as súas familias. De forma paralela, UNICEF encárgase doasesoramento técnico de expertos e está a apoiar unha campaña de Comunicación para o Desenvolvemento, que centra os seus esforzos naprevención.
Guinea, o país máis afectado polo brote
En Guinea rexistráronse un total de127 casos de ébola, con 83 mortes ata a data. A epidemia afectou principalmente aos distritos de Guéckédou, Macenta,Kissidougou, Dabola, Dinguiraye eConakry. En Liberia rexistráronse un total de 8 casos sospeitosos, das cales 2 se confirmaron como ébola.Aínda que en Serra Leoa non hai casos confirmados de ébola ata o momento, hai dúas mortes sospeitosas. A vixilancia destes casos permanece activa e ascampañas de sensibilización seguen en curso. En Senegal, Costa de Marfil, Guinea-Bissau e Mali non se encontraron casos confirmados da epidemia, pero UNICEF está a brindar apoio permanente en campañas de prevención para poder responder a un potencial brote nestes países.