O fenómeno do Neno dispara a desnutrición

O fenómeno meteorolóxico do Neno, que está a ser dos máis intensos dos últimos 50 anos, está detrás do aumento dos niveis de desnutrición en África oriental e meridional, onde case 1 millón de nenos necesitan tratamento urxente.

Os efectos do Neno, unidos aos 2 anos de choivas irregulares e secas nesta zona do planeta, están a poñer en perigo a millóns de nenos que están ameazados pola fame, asenfermidades e a escaseza de auga.
 
O incremento dos prezos dos alimentos non fai senón complicar a situación. En UNICEF sabemos que millóns de familias víronse obrigadas á adoptar medidas drásticas como saltarse comidas ou vender as súas únicas propiedades.
 

FENÓMENO o NenO: "A SUPERVIVENCIA DOS NenOS DEPENDE DO QUE fAGAMOS HOxe"

"O fenómeno meteorolóxico doNeno diminuirá, pero o custo para os nenos -moitos dos cales xa vivían en contextos precarios- farase notar nos próximos anos", indica Leila Gharagozloo-Pakkala, directora rexional de UNICEF para África Oriental e Meridional. "Os gobernos están a responder cos recursos dispoñibles, pero trátasedunha situación sen precedentes. A supervivencia dos nenos depende do que fagamos hoxe".
 
Entre os países máis afectados atópanse:
  • En Etiopía, dúas tempadas de escasas choivas provocaron que actualmente case6 millóns de nenos necesiten asistencia alimentaria, o que á súa vez aumenta o absentismo escolar, ao ter os nenos que percorrer grandes distancias para atopar auga. 
  • En Somalia, máis de dous terzos de quen necesita axuda humanitaria urxente son persoas desprazadas.
  • En Kenia, asfortes choivas e inundacións relacionadas co Neno son un factor agravante do brote do cólera.
  • En Lesoto, un cuarto da poboación vese afectada pola situación climatológoca. Isto empeora as circunstancias xa graves dun país no que o34% dos nenos son orfos, o 57% da poboación vive por baixo do limiar da pobreza e case 1 de cada 4 adultos ten VIH/Sida.
  • En Zimbabwe, calcúlase que 2,8 millóns de persoas sofren inseguridade alimentaria e nutricional. A situación de seca tivo como resultado unha redución do rendemento hídrico dos poucos pozos en funcionamento, o que aumenta o risco de enfermidades transmitidas pola auga, especialmentediarrea e cólera.
  • Malawienfróntase a unha das peores crises alimentarias do últimos nove anos, con 2,8 millóns de persoas (máis do 15% da poboación) en risco de padecer fame. Os casos dedesnutrición aguda grave aumentaron un 100% en dous meses, de decembro do 2015 a xaneiro de 2016.
  • En Angola, calcúlase que 1,4 millóns de persoas están afectadas polas condicións climatolóxicas e800.000 sofren inseguridade alimentaria, principalmente nas provincias semiáridas do sur. 

FENOMENO o NenO: OS PAÍSES AFECTADOS TARDARÁN 2 AnOS EN RECUPERARSE

A Oficina de Coordinación de Asuntos Humanitarios de Nacións Unidas (OCHA)  estima queaínda mellorando as condicións agrícolas na última metade do ano, as comunidades afectadas tardarán aproximadamente dous anos en recuperarse da grave seca causada polo Neno. 
 
Se queres axudarnos afrear os efectos deste fenómeno, podes colaborar no noso Fondo de Emerxencias. Axúdanos a protexer aos nenos do Neno!