O fillo de Leo Messi cumpre un ano e celébrao con UNICEF

Leo Messi, Embaixador de Boa Vontade de UNICEF, invita os seus amigos e seguidores de todo o mundo a sumarse á celebración polo primeiro aniversario do seu fillo Thiago, que terá lugar este sábado 2 de novembro.

 

"En novembro recibín o mellor regalo do mundo: o nacemento de Thiago. No seu primeiro aniversario, axúdame a lograr que todos os rapaces e rapazas teñan as mesmas oportunidades para vivir, crecer e desenvolverse, dixoMessi no seu convite á acción. "Grazas por sumarte e participar" sinalou.
 

Leo e Thiago Messi celebran a vida

UNICEF creou unha aplicación na web chamada Leo e Thiago Messicelebran a vida, que estará dispoñible ata o 4 de novembro. A través da aplicación, todos poderán unirse aLeo no seu compromisopara que todos os nenos e nenas do mundo poidan crecer coas mesmas posibilidades.

Messi dixo que ver crecer o seu fillo comprometeuno aínda máis no traballo para garantir que todos os nenos poidan acceder a unha alimentación axeitada, á vacinación contra enfermidades, á auga potable e a unha educación de calidade.

O capitán da selección arxentina de fútbol e xogador estrela do FC Barcelona cre que o mellor regalo que lle pode ofrecer ao seu fillo é axudar a difundir osdesafíos que enfrontan millóns de nenos para chegar ao seu primeiro aniversario.

O obxectivo da campañaLeo e Thiago celebran a vida é concienciar sobre a importancia que ten dar a todos os nenos as mesmas oportunidades para sobrevivir, con especial énfase na equidade, é dicir, en poñer en primeiro lugar os nenos máis vulnerables.

a mortalidade infantil  reduciuse

A pesar de que nas últimas décadas a mortalidade infantil se reduciu drasticamente, de 12 millóns en 1990 a 6,6 millóns en 2012, na actualidade seguen morrendo 18.000 nenos menores de 5 anos cada día, por causas que en boa medida se poden tratar e previr.

Na web os participantes poden obter información sobre a iniciativa e converterse en campións deUNICEF, compartindo o enlace coa maior cantidade posible de amigos a través das redes sociais.

Os que máis mensaxes difundan poderán gañar unhas botas de fútbol usadas e autografiadas polo propio Leo e unha camiseta tamén asinada polo goleador arxentino.