O Goberno español asina hoxe o terceiro Protocolo da Convención
Post de Armando Bello, Técnico de Investigación en UNICEF España
UNICEF España celebra hoxe a firma por parte do Goberno español do terceiro Protocolo facultativo da Convención sobre os Dereitos do Neno relativo a un procedemento de comunicacións, e confía na súa pronta ratificación por parte do Parlamento.
Hoxe martes, 28 de Febreiro, na sede do Consello de Dereitos Humanos da ONU en Xenebra, o Goberno español, na persoa do Ministro de Asuntos Exteriores e Cooperación, Jose Manuel García-Margallo, asina o terceiro Protocolo facultativo da Convención sobre os Dereitos do Neno.
Hito na defensa e promoción dos dereitos dos nenos
UNICEF España, así como fixera en ocasión da aprobación do Protocolo por Nacións Unidas o pasado 19 de decembro, acolle esta noticia con grande alegría e celebra a firma como un fito moi importante na defensa e promoción dos dereitos da infancia en todo o mundo. Este instrumento permite presentar denuncias individuais ou colectivas pola vulneración de calquera dos dereitos que recolle o tratado ante o Comité dos Dereitos do Neno. E, sobre todo, permite que os propios nenos, cando se esgotaron as vías legais no país, presenten as súas queixas, mediante un proceso adaptado para eles. Promóvense así dous dos principios básicos da Convención: a participación infantil e o interese superior do neno. Neste sentido, o Protocolo supón un gran paso, non só (que tamén) no simbólico, senón polas posibilidades prácticas que se abren e que esperemos pronto empecen a facer realidade. Para que o Protocolo entre en vigor é necesario que o ratifiquen polo menos 10 Estados partes da Convención.UNICEF España confía en que o Parlamento español proceda a tramitar esta ratificación canto antes, e sen ningunha reserva, confirmando deste xeito o respaldo do noso país a este novo instrumento. Información relacionada: