O granadino Alhambra Palace, novo Hotel Amigo de UNICEF
O centenarioHotel Alhambra Palace de Granada incorporouse ao programaHoteis Amigos de UNICEF, grazas ao acordo de colaboración asinado este mes de outubro en Granada. Con esta iniciativa de turismo responsable, o establecemento comprométese a traballar con UNICEF na defensa dos dereitos da infancia máis vulnerable e a converterse no seu aliado nacaptación de fondos destinados a loitar contra aexplotación infantil.
No acto de presentación da firma, no que estiveron Mª José Rienda, esquiadora e Amiga de UNICEF Comité Andalucía; Ignacio Durán, Director Comercial de Alhambra Palace e Jesús Martínez, Presidente de UNICEFComité Granada, o hotel granadino puxo de manifesto o seu firme compromiso como novo Hotel Amigo de UNICEF. En palabras de Ignacio Durán: "Expresamos así o noso compromiso institucional en nome de todo o sector granadino e sumámonos a unha importante iniciativa queUNICEF e os hoteis máis destacados dopaís están a levar a cabo en España".
Xunto con máis de 15 cadeas, establecementos hoteleiros e asociacións do sector en toda España que forman parte do programa, Alhambra Palace quere ser un elo máis na tarefa activa de lograr cambios reais nas vidas de millóns de nenos.A iniciativa Hoteis Amigos, desenvolvida por UNICEF España, está dirixida exclusivamente ao sector turístico e ten como obxectivotransmitir a mensaxe de UNICEFa favor da defensa dos dereitos da infancia e axudar na captación de fondos que mitiguen a situación desfavorable que millóns de nenos sofren en todo o mundo, con especial atención áloita contra a explotación sexual infantil nas viaxes.
Neste sentido,Alhambra Palace comprométese a participar en accións solidarias, tales como a divulgación e información da situación da infancia máis vulnerable, ou a implicación de empregados, provedores e clientes na captación de fondos que se destinarán a distintos programas deUNICEF no terreo. Por un lado o programa Hoteis Amigos convértese nunha plataforma de comunicación e mobilización de empregados de Alhambra Palace, invitándoos a unha maior implicación e compromiso na difusión da mensaxe de UNICEF. Por outro,os clientes tamén poderán ser parte activa deste programa, xa que terán a oportunidade, se así o desexan, de doar un euro durante a realización do check in (rexistro de entrada), tal e como se lles informará nese momento.